Harry Lindbladin muistopalkinto
Aparencia
| Tipo | premio deportivo |
|---|---|
| Deporte | hóckey sobre xeo |
| Epónimo | Harry Lindblad (en) |
| Localización e Datas | |
| País | Finlandia |
| Vixencia | 1976 – |
O Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad) é un trofeo de hóckey sobre xeo entregado anualmente ao campión da liga regular da Liiga, a máxima competición de hóckey sobre xeo en Finlandia. O Harry Lindbladin muistopalkinto é o equivalente ao Presidents' Trophy da National Hockey League (NHL). O trofeo é entregado dende que a liga se profesionalizou, a tempada 1975-76.
Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e presidente da Suomen jääkiekkoliitto (Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo) Harry Lindblad.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Clasificación por equipos
[editar | editar a fonte]| Equipos | Campionatos | Último campionato |
|---|---|---|
| TPS | 13 | 2004 |
| Kärpät | 10 | 2020 |
| Tappara | 10 | 2024 |
| Jokerit | 6 | 2013 |
| JYP | 4 | 2011 |
| HPK | 1 | 2003 |
| Ässät | 1 | 1979 |
| Ilves | 1 | 1988 |
| KalPa | 1 | 2012 |
| HIFK | 1 | 2016 |
| Lukko | 1 | 2021 |