Koovee (hóckey sobre xeo)
Koovee | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Hakametsä 2 (1 000 espectadores) Tampereen jäähalli (7 300 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | ![]() |
Cores | Amarelo, negro e vermello |
Na rede | |
https://www.tampereenkoovee.fi/ |
O Koovee é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que chegou a xogar na máxima categoría. Xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 espectadores.
Durante moitas tempadas xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, primeiro na SM-sarja e posteriormente na SM-liiga, na que permaneceu ata o seu descenso na tempada 1979-80. Os seus mellores resultados tiveron lugar na década de 1960, cando conseguiu o título da SM-sarja (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés na época) en 1968, tres medallas de prata (1959, 1962 e 1964) e dúas de bronce (1960 e 1961), conseguindo unha medalla de bronce máis na SM-liiga (máxima categoría) en 1977.
Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1929, aínda que o primeiro partido de hóckey sobre xeo tivo lugar en 1945.[1] Cinco anos despois do seu primeiro partido, o equipo de hóckey sobre xeo conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, na que debutou na tempada 1950–51. Este feito fixo que a modalidade se popularizara no club [2] O campionato finlandés estaba daquela organizado en dous grupos, quedando o TK-V enquadrado no grupo B xunto co Tarmo de Hämeenlinna, o TBK de Tampere, o Karhu-Kissat e o KIF, estes dous de Helsinqui. O equipo tan só puido sumar un empate e unha vitoria nos oito partidos que disputou e finalizou como pechacancelas do seu grupo, o que motivou o seu descenso de categoría.[3]
Logo de dúas tempadas afastado da máxima categoría, o TK-V regresou á elite do hóckey sobre xeo finlandés na tempada 1953–54, desta volta encadrado no grupo A. Desta vez o equipo de Tampere conseguiu catro vitorias e outras tantas derrotas para un total de oito puntos que o situaron na terceira posición do seu grupo, manténdose deste xeito unha tempada máis na máxima categoría.[4] A tempada seguinte o equipo mellorou os seus resultados, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición do seu grupo cun rexistro de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas. TK-V xogou a eliminatoria pola medalla de bronce fronte ao HIFK de Helsinqui, mais caeu en ambos encontros (5-4 e 3-9).[5]
O maior logro do equipo foi o campionato da SM-sarja conseguido en 1968. Ao final da tempada 1976-77 da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, o KooVee conseguiu a súa derradeira medalla do campionato finlandés.[6]
Na tempada 2006-07 xogou na segunda categoría, a Mestis, descendendo esa mesma tempada á Suomi-sarja.
En 2015 o club converteuse en osakeyhtiö (abreviado Oy, sociedade por accións), pasando a denominarse Koovee Hockey Oy.[7]
Na tempada 2017-18 o Koovee finalizou a liga regular da Suomi-sarja na sexta posición, clasificándose deste xeito de forma directa para os play-offs.[8] Na primeira rolda o equipo de Tampere enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o FPS de Forssa, ao que derrotou 1-3. Na segunda rolda conseguiu eliminar ao segundo clasificado da liga regular, o Pyry de Nokia en tres partidos (3-0),[9] pasando deste xeito a disputar a promoción á Mestis fronte ao Hermes de Kokkola, penúltimo clasificado de dita competición,[10] caendo en cinco partidos a pesar da vitoria inicial na súa visita ao Kokkolan jäähalli.[11] A pesar da derrota, debido á quebra financeira do Espoo United e á negativa do JHT de Kalajoki a ocupar o lugar do equipo de Espoo, este foi ocupado por Koovee.[12]
Identidade do equipo[editar | editar a fonte]
Nome[editar | editar a fonte]
O equipo foi fundado co nome Tampereen Kilpa-Veljet, e abreviado como TK-V.[13] En finés o nome da letra "K" dise koo e o da "V" vee, o nome actual do equipo viría da pronunciación do nome do equipo abreviado e sen o nome da cidade.
Pavillón[editar | editar a fonte]
O Koovee xogou no mítico estadio de Hakametsä dende a spa inauguración en 1965 ata pouco despois do seu descenso da máxima categoría. Dende o seu ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 persoas e inaugurado en 1974,[14] localizado nas proximidades do estadio de Hakametsä, con capacidade para 7 300 persoas, que foi a casa do equipo e no que continúa a xogar na tempada 2020-21.[15]
A maior entrada rexistrada nun partido como local do Koovee en Hakametsä tivo lugar o 9 de febreiro de 1969, cando 9 951 persoas presenciaron o encontro que o enfrontou ao HIFK de Helsinqui. Pola súa banda, o seu mellor rexistro de asistencia nun partido disputado no estadio de Hakametsä 2 foi o 3 de marzo de 1988 durante un partido fronte ao IkVi de Tampere ante 949 persoas.[7]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[a] | Outros usos |
---|---|---|---|---|---|
![]() |
Tampereen jäähalli | 1965 1988 1994 2018 |
1983 1990 1997 en uso (ocasional) |
7 595[16] | Ilves (1965-) Tappara (1965-) |
![]() |
Hakametsä 2 | 1984 1990 1997 |
1988 1994 en uso |
1 050 |
Personalidades[editar | editar a fonte]
Xogadores[editar | editar a fonte]
Capitáns[editar | editar a fonte]
O primeiro capitán do equipo foi Matti Reunamäki, quen ocupou o posto entre 1967 e 1968. A continuación todos os capitáns do equipo:[17]
|
|
Números retirados[editar | editar a fonte]
O KOOVEE ten retirado un único número ao longo da súa historia:[17]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
10 | Heino Pulli | D |
Adestradores[editar | editar a fonte]
Dende o seu debut na modalidade en 1945 pasaron polo KOOVEE un bo número de adestradores. O primeiro adestrador do equipo foi Usko Teromaa, que ocupou o posto entre 1945 e 1956. Pola súa parte, o sueco Bengt Lindqvist foi o primeiro adestrador estranxeiro do Koovee. A continuación todos os adestradores do equipo:[17]:[17]
|
|
Suomen Jääkiekkoleijonat[editar | editar a fonte]
Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 49 xogadores que defenderon a camisola de Ilves foron introducidos:[17]
# | Nome(s) | Ano de introdución | Período(s) | Referencia(s) |
---|---|---|---|---|
33 | Heino Pulli | 1985 | [18] | |
45 | Seppo Nikkilä | 1986 | [19] | |
47 | Jorma Suokko | 1986 | [20] | |
48 | Matti Reunamäki | 1986 | [18] | |
203 | Matti Rautiainen | 2009 | [18] | |
83 | Usko Teromaa | 1992 | [20] | |
191 | Anssi Koskinen | 2007 | [21] |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Koovee proclamouse campión de Finlandia nunha única ocasión cando o campionato aínda era denominado SM-sarja: 1968.[22]
- Campión: 1968.[17]
Trofeos individuais[editar | editar a fonte]
- Liiga/SM-sarja
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Tres xogadores gañaron o trofeo xogando no equipo:[22]
- Heino Pulli: 1964
- Matti Reunamäki: 1966
- Seppo Nurmi: 1969
- Mestis
- Trofeo Pasi Nurminen: entregado dende 2004 ao mellor porteiro da liga Mestis. Un único xogador ten gañado o trofeo xogando no equipo:[23]
- Eetu Mäkiniemi: 2020
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- Referencias
- ↑ Hirvonen, Ville (1 de xuño de 2018). "Espoon Unitedille korvaaja Mestikseen Tampereelta – plakkarissa myös SM-kulta 1968". Helsingin Uutiset (en finés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ "Historia. Vuonna 2019 pyöreitä täyteen, 90 vuotta!" (en finés). Koovee. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1950/51" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1953/54" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1954/55" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Mestisjoukkueet 2020-2021". Jääkiekko kirja 2021 (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto e Jääkiekkon SM-liiga Oy. p. 194. ISSN 0784-3321.
- ↑ "Clasificación da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Play-offs da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Clasificación da Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Promoción á Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Información da sección de hóckey sobre xeo no sitio web do club polideportivo Koovee" (en finés). koovee.fi. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Lahti, Janne. "Tampereen Kilpa-Veljet (TK-V)" (en finés). Koskesta voimaa. Consultado o 1 de maio de 2023.
- ↑ "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Koovee" (en finés). Mestis. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "TAMPERE ICE STADIUM (HAKAMETSÄ ICE STADIUM)" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 17,7 "SUOMALAISTA JÄÄKIEKKOHISTORIAA" (en finés). Koovee Hockey Oy. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (P-R)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (M-O)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 20,0 20,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (S-U)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (J-L)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 22,0 22,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Pasi Nurminen -palkinto: Eetu Mäkiniemi". Mestis (en finés). 24 de marzo de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.