Joan Brossa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan Brossa
FotoBrossa.jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1919
 Barcelona
Falecemento30 de decembro de 1998
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, escritor, guionista e deseñador gráfico
PremiosPremio Nacional de Teatro de Cataluña, Gold Letter, Serra d'Or Critics Award e honorary doctor of the Autonomous University of Barcelona
editar datos en Wikidata ]

Joan Brossa i Cuervo, nado en Barcelona o 19 de xaneiro de 1919 e finado na mesma cidade o 30 de decembro de 1998, foi un poeta, dramaturgo, artista plástico e deseñador gráfico, o máis representativo expoñente da vangarda artística catalá da segunda medade do século XX. Como el dixo: “Os xéneros das artes son medios diferentes para expresar unha mesma realidade. Eles son as caras dunha mesma pirámide que converxen no punto máis alto” [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a escribir durante a guerra civil española, na que foi ferido. Regresou a Barcelona, en 1941, e entrou en contacto co poeta J.V. Foix, o pintor Joan Miró e o dinamizador cultural Joan Prats. Grazas aos seus consellos e dentro dunha liña neosurrealista empezou a escribir centos de sonetos, odas sáficas e sestinas dunha total perfección formal ademais de miles de poemas libres e directos, dos cales publicou preto de oitenta libros. Tamén se exercitou no teatro, ao que chamaba «poesía escénica», do que chegou a escribir unhas trescentas cincuenta obras que comprendían teatro de texto, guións cinematográficos, libretos de ópera, performances, teatro de cabaret, happenings, accións musicais, strip-teases etc. Toda esta enorme obra literaria foi escrita, sen excepción, en lingua catalá, e hoxe xa ha sido traducida a máis de quince idiomas.

Brossa sempre rexeitou ser identificado con outro apelativo diferente do de «poeta», aínda que a súa arte pronto traspasou a estrita literatura. Dentro de os mesmos parámetros ruturistas, xa en 1941 realizou o seu primeiro poema visual, en 1943 o seu primeiro objet trouvé, en 1950 a primeira combinación de obxectos dispares e en 1956 a súa primeira instalación na fiestra dunha tenda de Barcelona. Xunto con os pintores Antoni Tàpies, Joan Ponç, Modest Cuixart e Joan-Josep Tharrats e o filósofo Arnau Puig había fundado en 1948 o grupo artístico e a revista Dau al Set.

Joan Brossa: Poema visual transitable en tres partes, Velódromo, Barcelona.

A partir do encontro co poeta brasileiro João Cabral de Melo (1947), daquela vicecónsul do seu país en Barcelona, a obra de Brossa deu unha guinada ao compromiso social e político. Cabral editou e prologou o seu libro Em va fer Joan Brossa (Joan Brossa me fez, 1951), hoxe considerado uno dos primeiros exemplos europeos de «antipoesía». Durante os anos sesenta a combinación da poesía literaria con a dramática, a visual e a obxectual chegaría á súa plenitude, liña interxéneros que Brossa non abandonaría xamais. Tras a restauración da democracia, a súa proxección máis popular chegou con os carteis, frecuentemente referidos a eventos populares, e especialmente con a «poesía urbana»: o seu «Poema visual transitable en tres partes» (1984) do Parque do Velódromo de Barcelona foi o primeiro de unha serie que pronto chegou nas rúas e prazas de Cataluña, das Baleares, de Andorra, de Alemaña, de Cuba...

Poema urbano A ajaguda amb peix no Casa do concello de Mollet del Vallès.

Ao lungo da súa carreira a obra de Joan Brossa encontrou a complicidade de numerosos artistas, como os pintores Joan Miró e Antoni Tàpies, os músicos Josep Maria Mestres Quadreny e Carles Santos, os escultores Eduardo Chillida e Riera i Aragó, o cineasta Pere Portabella e o fotógrafo Chema Madoz, e proxectou unha importante influencia sobre artistas das novas xeracións de todo o mundo.

Logo da súas primeiras exposicións individuais na Fundació Joan Miró de Barcelona (1986), no Art’20 de Basilea (1989), as monográficas en Múnic (1988), Nova York e Ámsterdam (1989), Houston e Minneapolis (1990), Céret-Collioure (1991), Londres e Chicago (1992), Marsella e Malmö (1993), París (1995), Frankfurt (1997), Cidade de México, Monterrey, Kassel e Gotemburgo (1999) e sobre todo a do Museo Raíña Sofía de Madrid (1991), seguidas da súa presenza nos pavillóns oficiais das bienais de São Paulo (1993) e Venecia (1997), a obra plástica de Joan Brossa alcanzou unha progresiva proxección internacional.

Despois da súa morte, unha nova exposición retrospectiva na Fundación Joan Miró (2001) e unhas antolóxicas en diversas cidades de Chile, Brasil, Arxentina, Portugal, España, Austria, República Checa, Suecia, Francia, Alemaña, Polonia e México consolidaron a Brossa como unha primeira figura do panorama artístico contemporáneo internacional, mentres a súa obra plástica chegaba a museos e coleccións do mundo enteiro.

Brossa recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar o Premio da Crítica “Serra d’Or” en cinco ocasións (1971, 1974 en dos categorías, 1978 e 1996), o Premio Cidade de Barcelona (1987), a Medalla Picasso da UNESCO (1988), o Premio Nacional de Artes Plásticas (1992), a Medalla de Oro ao Mérito nas Belas Artes (1995) e o Premio Nacional de Teatro (1996). En 1999, con ocasión do seu oitenta aniversario, o poeta debía recibir o título de doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, pero dezanove días antes da cerimonia finou por causa de un accidente doméstico.

O monumental legado de Joan Brossa −mais de 60.000 pezas− encóntrase depositado no Museo de Arte Contemporánea de Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2008. Consultado o 01 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]