Renaldas Seibutis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renaldas Sibutis
Información persoal
Nacemento 23 de xullo de 1985 (38 anos)
Unión Soviética Šventoji, Unión Soviética
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 50
Por Dallas Mavericks
Carreira 2002−2019
Historial de equipos
Naglis Palanga (2002–2003)
Sakalai Vilnius (2003–2005)
Olympiacos (2005–2008)
Maroussi Honda (2006–2007)
Bilbao Basket (2008–2010)
Olin Edirne (2010–2011)
Lietuvos rytas Vilnius (2011–2014)
Darüşşafaka (2014–2015)
Žalgiris Kaunas (2015–2017)
Neptūnas Klaipėda (2017–2018)
Tecnyconta Zaragoza (2018–2019)

Renaldas "Ronnie" Seibutis, nado en Šventoji o 23 de xullo de 1985, é un ex-xogador de baloncesto profesional lituano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas temporadas 2007 e 2008 xogou co equipo dos Dallas Mavericks na NBA Summer League en Las Vegas. Pola súa pouca efectividade non continuou[1].

Na tempada 2010–11 xogou co Olin Edirne Basketbol de Turquía, converténdose nunha das súas estrelas. O 12 de xuño de 2011 asinou un contrato por tres anos (2+1) co club lituano Lietuvos rytas[2]. En xullo de 2014 asinou co Darüşşafaka da liga de baloncesto turca[3]. O 4 de setembro de 2015, asinou contrato por un ano (con opción para outro) co Žalgiris Kaunas, volvendo á liga lituana.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

No Campionato do Mundo de 2010 xogou coa selección de baloncesto lituana, coa que gañou a medalla de bronce. Tamén participou nas Olimpíadas de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. For NBA sophs, struggles carry over in summer league, 28 de xullo de 2008
  2. "Lietuvos Rytas tabs Seibutis and coach Dzikic". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2015. 
  3. "Renaldas Seibutis signs with Darussafaka Dogus". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]