Aaron Gray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aaron Gray
Aaron Gray Raptors.jpg
Pivote
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1984 (34 anos)
Flag of California.svg Tarzana (Os Ánxeles)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Universidade Pittsburgh (2003–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 49

Por Chicago Bulls

Carreira 2007–2014
Historial de equipos
Chicago Bulls (2007–2010)
New Orleans Hornets (2010–2011)
Toronto Raptors (2011–2013)
Sacramento Kings (2013–2014)

Aaron Michael Gray, nado o 7 de decembro de 1984 no barrio de Tarzana, nos Ánxeles (California), é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou oito tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,13 metros de altura, xogaba na posición de pivote. En 2015 un problema de corazón forzou a súa retirada do baloncesto profesional.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Gray foi escollido polos Chicago Bulls na 59ª posición do Draft da NBA de 2007. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2007 contra os Philadelphia 76ers.[1] O seu mellor partido chegou o 16 de abril de 2008 contra os Toronto Raptors, cando anotou 19 puntos e capturou 22 rebotes en 35 minutos de xogo, ademais de 2 asistencias.[2] Ao remate da tempada 2007-08, Gray acadou 262 puntos e 168 rebotes para os Bulls.

O 25 de xaneiro de 2010, Gray foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Devin Brown.[3] En xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Hornets.

En decembro de 2011, Gray asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[4]

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gray, Rudy Gay e Quincy Acy ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aaron Gray Complete 2007-08 Regular Season Game Log, ESPN.com
  2. Bulls beat Raptors as Toronto barely uses starters
  3. "Hornets Acquire Aaron Gray From Bulls". NBA.com. 2010-01-25. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-25. 
  4. "Raptors Sign Free-Agent Centre Aaron Gray". nba.com (en inglés). 11 de decembro de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  5. "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]