Sammy Mejía
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1983 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Ala / Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Theodore Roosevelt (Nova York, Nova York) Storm King School (Cornwall-on-Hudson, Nova York) |
Universidade | DePaul (2003–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 2 / Elección: 57 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2007–2020 |
Historial de equipos | |
Fort Wayne Mad Ants (2007–2008) Orlandina Basket (2008) AEL 1964 BC (2008–2009) Cholet Basket (2009–2011) CSKA Moscova (2011–2012) Banvit (2012–2015) Tofaş (2015–2020) |
Samuel José Mejía, nado o 7 de febreiro de 1983 en Bronx, Nova York, é un ex xogador de baloncesto dominicano-estadounidense.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Mejía foi elixido na 57ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Detroit Pistons.[1] O 29 de outubro de 2007, foi cortado polos Pistons.[2] Comezou a tempada 2007-08 cos Ford Wayne Mad Ants da NBA D-League.[3] O 30 de xaneiro de 2008, asinou co Orlandina Basket italiano para o resto da tempada.[4]
Para a tempada 2008-08, Mejía asinou co AEL 1964 BC da A1 Ethniki grega,[5] onde en 20 partidos de liga acadou 14.3 puntos e 3.4 rebotes por encontro.
O 29 de setembro de 2009, Mejía asinou un contrato dun ano co Cholet Basket francés.[6] O 1 de xullo de 2010, renovou o seu contrato co Cholet por unha tempada máis.[7]
O 22 de xuño de 2011, asinou un contrato de dous anos co PBC CSKA Moscova da VTB United League.[8] O 22 de xuño de 2012, deixou o equipo ruso para asinar o día seguinte co Banvit BK turco.[9][10]
O 13 de agosto de 2015, Mejía asinou co Tofaş SK turco.[11]
O 17 de xuño de 2020, Mejía anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pistons Sign Second-Round Pick Sammy Mejia
- ↑ Pistons waive Sammy Mejia
- ↑ "Sammy Mejia D-League Stats". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 27 de xullo de 2020.
- ↑ "Sammy Mejia sbarca lunedì a Capo d'Orlando". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xullo de 2020.
- ↑ AEL is aiming for Sammy Mejía
- ↑ CHOLET BASKET signs Mejia, Eitutavicius
- ↑ Cholet brings back Mejia, Falker & Robinson
- ↑ CSKA brings aboard scorer Mejia
- ↑ CSKA Moscow and Sammy Mejia part ways[Ligazón morta]
- ↑ Banvit BK lands Mejia
- ↑ "Togas Bursa Announces Sammy Mejia". Sportando. 2015-08-14. Consultado o 2015-08-14.[Ligazón morta]
- ↑ "Sammy Mejia: I’ve decided to officially retire from the game of basketball". Sportando. 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1983
- Nados no Bronx
- Xogadores de baloncesto da República Dominicana
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Alas de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores do Orlandina Basket
- Xogadores do Cholet Basket
- Xogadores do PBC CSKA Moscova
- Xogadores do Bandırma BİK
- Xogadores do Tofaş SK