Thaddeus Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thaddeus Young
Phoenix Suns – No. 30
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 21 de xuño de 1988 (35 anos)
Nova Orleáns, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (221 lb)
Información da carreira
Instituto Mitchell (Memphis, Tennessee)
Universidade Georgia Tech (2006–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2007–2014)
Minnesota Timberwolves (2014–2015)
Brooklyn Nets (2015–2016)
Indiana Pacers (2016–2019)
Chicago Bulls (2019–2021)
San Antonio Spurs (2021–2022)
Toronto Raptors (2022–2024)
Phoenix Suns (2024–presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2008)

Thaddeus Charles Young, nado o 21 de xuño de 1988 en Nova Orleáns, Luisiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2007, Young foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers. Fixo o seu debut na NBA o 7 de novembro de 2007, na vitoria dos Sixers por 94-63 contra os Charlotte Bobcats. Young rematou o partido con 6 puntos e 3 rebotes.[1]

O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Sixers, os Minnesota Timberwolves e os Cleveland Cavaliers. Como parte do acordo, Young foi traspasado ós Timberwolves xunto a Andrew Wiggins e Anthony Bennett, os dous entón nos Cavaliers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os Sixers recibiron a Luc Mbah a Moute e Alexey Shved dos Timberwolves, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 por parte dos Cavaliers.[2]

O 19 de febreiro de 2015, Young foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Kevin Garnett.[3] Ó día seguinte fixo o seu debut cos Nets, na vitoria por 114-105 sobre os Los Angeles Lakers. Young rematou con 8 puntos e 4 rebotes en 12 minutos de xogo.[4]

O 7 de xullo de 2016, Young foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dos dereitos do Draft de Caris LeVert.[5]

O 6 de xullo de 2019, Young asinou cos Chicago Bulls.[6]

O 11 de agosto de 2021, Young foi traspasado xunto a Al-Farouq Aminu e varias eleccións do Draft ós San Antonio Spurs, a cambio de DeMar DeRozan.[7]

O 10 de febreiro de 2022, Young foi traspasado xunto a Drew Eubanks e unha elección da segunda rolda do Draft ós Toronto Raptors, a cambio de Goran Dragić e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.[8] O 30 de xuño de 2022, Young asinou un contrato de dous anos cos Raptors.[9]

O 8 de febreiro de 2024, os Raptors traspasaron a Young xunto a Dennis Schröder ós Brooklyn Nets a cambio de Spencer Dinwiddie,[10] pero foi cortado ese mesmo día.[11]

O 20 de febreiro de 2024, Young asinou cos Phoenix Suns.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Charlotte Bobcats at Philadelphia 76ers Box Score, November 7, 2007". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015. 
  2. "Timberwolves Acquire Andrew Wiggins, Anthony Bennett and Thaddeus Young in Three-Team Trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de agosto de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2014. 
  3. "Nets Acquire Thaddeus Young From Minnesota". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015. 
  4. "Brooklyn Nets at Los Angeles Lakers Box Score, February 20, 2015". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015. 
  5. Pacers Acquire Teague, Young in Trades
  6. "Bulls sign Thaddeus Young". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  7. "San Antonio completes trade with Chicago". NBA.com. 11 de agosto de 2021. 
  8. "Spurs acquire Goran Dragić & 2022 first round pick". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 
  9. "Raptors' Thaddeus Young: Staying in Toronto". CBS Sports. Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  10. "Brooklyn Nets Acquire Schröder and Young from Toronto Raptors". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. 
  11. "Brooklyn Nets Complete Three-Team Trade with Phoenix and Memphis". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. In a related move, Brooklyn has requested waivers on forward Thaddeus Young. 
  12. "SUNS SIGN FORWARD THADDEUS YOUNG". NBA.com. 20 de febreiro de 2024. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]