Morris Almond

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Morris Almond
Morris Almond.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 2 de febreiro de 1985 (33 anos)
Dalton Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto McEachern
Universidade Rice
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 25

Por Utah Jazz

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Utah Jazz (2007-2009)
Utah Flash (NBA D-League) (2007-2009)
Springfield Armor (NBA D-League) (2009-2010)
Maine Red Claws (NBA D-League) (2010)
Real Madrid (2010)
Scavolini Pesaro (2010-2011)
BC Cherkasy (2011)
Maine Red Claws (NBA D-League) (2012)
Washington Wizards (2012)
Red Star Belgrade (2012)
Información en nba.com

Morris Almond, nado en Dalton (Xeorxia) o 2 de febreiro de 1985, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Almond foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Utah Jazz. Na súa tempada coma rookie, xogou en 9 partidos cos Jazz, cunha media de 4.3 minutos por partido. Pasou a meirande parte da tempada nos Utah Flash da NBA Development League, equipo ao cal foi asignado.[1] Liderou a D-League en anotación con 25.6 puntos por partido.[2] Nesa tempada, ademais, superou o récord da liga en anotación, ao anotar 53 puntos na vitoria do seu equipo por 103-87 contra os Bakersfield Jam.[3]

O 18 de setembro de 2009, asinou con Orlando Magic.[4] Foi despedido o 21 de outubro de 2009.[5] Xogou tamén para outros dous equipos da NBA D-League, Maine Red Claws e Springfield Armor.[6] Máis tarde fichou polo Real Madrid da Liga ACB. En xullo de 2010 deixou o Real Madrid e asinou polo Scavolini Pesaro da liga italiana.[7]

En xaneiro de 2012, volveu aos Estados Unidos, e asinou cos Maine Red Claws por segunda vez.[8] O 16 de abril de 2012, os Washington Wizards anunciaron a contratación de Almond para o resto da tempada 2011-12.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jazz Assigns Morris Almond and Kyrylo Fesenko To Utah Flash". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2011. 
  2. "NBA D-League - 2007-08 scoring average". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2011. 
  3. Almond Leads Flash to 102-87 Win Over Jam Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine..
  4. Magic Sign Almond, Johnson; Prepare for Camp
  5. Orlando Waives Morris Almond Arquivado 23 de outubro de 2009 en Wayback Machine..
  6. Morris Almond playerfile Arquivado 30 de decembro de 2009 en Wayback Machine.. NBA Development League.
  7. Scavolini Pesaro signs Morris Almond
  8. "New-look Armor, Red Claws meet for third straight time Thursday night". The Republican. Consultado o 19 de xaneiro de 2012. 
  9. Wizards Sign Guard Morris Almond

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]