Brandan Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brandan Wright
Brandan Wright Dallas Mavericks 2012 (cropped).jpg
Axente libre
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 5 de outubro de 1987 (32 anos)
Flag of Tennessee.svg Nashville, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Brentwood Academy
(Brentwood, Tennessee)
Universidade North Carolina (2006–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 8

Por Charlotte Bobcats

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Golden State Warriors (2007–2011)
New Jersey Nets (2011)
Dallas Mavericks (2011–2014)
Boston Celtics (2014–2015)
Phoenix Suns (2015)
Memphis Grizzlies (2015–2018)
Houston Rockets (2018)

Brandan Keith Wright, nado o 5 de outubro de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Wright foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2007 tras xogar na Universidade de Carolina do Norte. Foi escollido polos Charlotte Bobcats, e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do escolta Jason Richardson e os dereitos do Draft de Jermareo Davidson, quen foi elixido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a tempada 2008-09 con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.

O 14 de outubro de 2009, os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da tempada 2010-11.[1]

O 23 de febreiro de 2011, Wright foi traspasado aos New Jersey Nets xunto a Dan Gadzuric, a cambio de Troy Murphy e unha elección da segunda rolda do Draft.[2]

O 9 de decembro de 2011 asinou como axente libre, co campión da NBA da tempada anterior, os Dallas Mavericks.[3]

O 18 de decembro de 2014, Wright foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Jae Crowder e dúas eleccións dos Drafts de 2015 e 2016, ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.[4]

O 9 de xaneiro de 2015, Wright foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2015.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Warriors exercise their options on Wright, Randolph". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2011. 
  2. "NETS Acquire F Wright and C Gadzuric from Golden State". NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24. 
  3. "Mavericks sign Brandan Wright". ESPN. 2011-12-09. 
  4. "Boston Celtics Complete Trade With Dallas Mavericks". NBA.com. 18 de decembro de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  5. "Suns Acquire Brandan Wright From Celtics". NBA.com. 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]