Javaris Crittenton
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 31 de decembro de 1987 Atlanta, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Southwest Atlanta Christian Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Los Angeles Lakers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Outro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Condenado por | homicídio voluntário (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Javaris Cortez Crittenton, nado en Atlanta (Xeorxia) o 31 de decembro de 1987, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crittenton foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. Durante un partido da Summer League, o 8 de xullo de 2007, anotou 18 puntos, incluíndo un lanzamento a falta de 1.7 segundos para o remate do partido, que lle deu a vitoria ao seu equipo. No primeiro partido da pretempada dos Lakers contra os Golden State Warriors en Honolulu, Crittenton anotou 18 puntos e deu unha asistencia na derrota por 111-110.
O 1 de febreiro de 2008, Crittenton foi traspasados aos Memphis Grizzlies xunto con Kwame Brown, Aaron McKie, os dereitos de Marc Gasol e dúas futuras eleccións de primeira rolda dos drafts de 2008 e 2010, a cambio de Pau Gasol e unha elección da segunda rolda do Draft de 2010.[1] O 2 de abril de 2008, Crittenton anotou 23 puntos, a maior anotación na súa carreira, na vitoria dos Grizzlies por 130-114 contra os New York Knicks.
O 10 de decembro de 2008, Crittenton formou parte dun traspaso entre tres equipos que o mandou aos Washington Wizards xunto con Mike James dos New Orleans Hornets. A cambio, os Wizards recibiron unha elección de primeira rolda do Draft dos Memphis Grizzlies e a Antonio Daniels dos Hornets.[2]
O 22 de setembro de 2010, asinou un contrato cos Charlotte Bobcats. Os Bobcats prescindiron de Crittenton o 15 de outubro de 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grizzlies trade Pau Gasol to Lakers for four players and two first round picks". NBA.com. 2008-02-01. Consultado o 2010-09-21.
- ↑ "Wizards Acquire Javaris Crittenton and Mike James". NBA.com. December 10, 2008. Consultado o 2008-12-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com
- Estatísticas en Basketball Reference Arquivado 07 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Perfil en ESPN.com
- Nados en 1987
- Nados en Atlanta, Xeorxia
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Washington Wizards