Josh McRoberts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josh McRoberts
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 28 de febreiro de 1987 (37 anos)
Indianápolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Carmel (Carmel, Indiana)
Universidade Duke (2005–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Portland Trail Blazers
Carreira 2007–2018
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2007–2008)
Indiana Pacers (2008–2011)
Los Angeles Lakers (2011–2012)
Orlando Magic (2012–2013)
Charlotte Bobcats (2013–2014)
Miami Heat (2014–2017)
Dallas Mavericks (2017–2018)

Joshua Scott McRoberts, nado o 28 de febreiro de 1987 en Indianapolis, Indiana, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 22 de marzo de 2007, McRoberts declarouse elixible para o Draft da NBA de 2007.[1] Foi elixido no Draft, o 28 de xuño de 2007, polos Portland Trail Blazers na 37ª posición.

O 9 de xaneiro de 2008, McRoberts foi asignado aos Idaho Stampede, o afiliado dos Trail Blazers da NBA Development League.[2] Tras estar cos Stampede preto dun mes, McRoberts foi chamado de volta polos Trail Blazers.[3]

O 26 de xuño de 2008, na noite do Draft da NBA de 2008, McRoberts foi traspasado aos Indiana Pacers, xunto a Brandon Rush e Jarrett Jack, a cambio da 11ª elección Jerryd Bayless e Ike Diogu.[4]

O 14 de decembro de 2011, asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers.[5]

O 10 de agosto de 2012, McRoberts foi traspasado ós Orlando Magic como parte do traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[6]

O 21 de febreiro de 2013, McRoberts foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Hakim Warrick.[7]

O 14 de xullo de 2014, McRoberts asinou cos Miami Heat un contrato de 4 anos e 23 millóns de dólares.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Duke sophomore McRoberts eligible for NBA draft". Associated Press. Consultado o 2007-03-22. 
  2. "Trail Blazers Assign Josh McRoberts To Idaho Stampede". nba.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 2008-02-04. 
  3. "Welcome back McBob". oregonlive.com. Consultado o 2008-02-04. 
  4. "Blazers make deal with Indiana, acquiring Bayless, Diogu". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  5. Media, Mark (December 14, 2011). "Josh McRoberts signing helps, but Lakers must do more". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  6. "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-10. 
  7. "Bobcats Acquire Josh McRoberts from Orlando". NBA.com. 2013-02-23. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2013. Consultado o 2013-02-22. 
  8. HEAT Signs Josh McRoberts

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]