Xalisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jalisco")
Estado Libre y Soberano de Jalisco
Bandeira de Jalisco Escudo de Jalisco
Bandeira Escudo
Lema: n/d
Himno: Himno de Xalisco
 
Jalisco en México.svg
 
Estado Flag of Mexico.svg México
Capital
 • Poboación
Guadalaxara
503.320 (2005)
Cidade principal Guadalaxara
Linguas
 • Oficiais
Castelán, Huichol, Náhuatl, Cora, Tarasco
Ningunha1
Estatus
 • Gobernador
Estado federado
Emilio González Márquez PAN
Creación como estado
14 de setembro de 1824
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 8º
73.211 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 7º
4.255.790 (2005)
58 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario UTC-6
Dominio de Internet n/d
Código ISO MX-JAL

1O castelán e 62 linguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano.

Subdivisións de México

Xalisco[1] (en castelánJalisco) é un dos 31 estados do México. Limita cos estados mexicanos de Nayarit, Zacatecas, Aguascalientes, Guanajuato, San Luis Potosí, Colima e Michoacán. A súa área é de 244,938 km², e a súa poboación é de 3.047.900 habitantes. A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, e a súa maior cidade é Guadalaxara, que ten 5 millóns de habitantes. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana esta formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.

Xalisco é a cuarta entidade federativa mais poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido no país en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Novo León e Baixa California.

Étimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Xalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa " lugar na cara da area".

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros achados arqueolóxicos en Xalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.

Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).

Durante a época colonial formou parte da rexón administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia deste reino cambiouse seu nome polo do Estado libre e soberano de Xalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez dividiu a separación do Territorio do Nayar, co base no que a insurrección do bandoleiro chamado Manuel Lozada poñía en perigo a existencia do estado e do país. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.

Imaxe de Porto Vallarta, Xalisco.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación no Estado de Xalisco é de 6.753.113 habitantes, no último censo realizado polo INEGI, en 2005. De os cales na zona Metropolitana de Guadalajara viven 4.000.000 segundo o INEGI de ano 2000.

A taxa de crecemento poboacional xeral para Xalisco foi de 1.8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa é de 1.756.501 persoas. [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
  2. Consejo Nacional de Población (CONAPO) 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas
Distrito Federal