Henry Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bill Walker»)
Henry Walker
Shiga Lakestars  – No. 12
Información persoal
Nacemento 9 de outubro de 1987 (36 anos)
Huntington, Virxinia Occidental
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Ala / Escolta
Liga B.League
Información da carreira
Instituto Rose Hill Christian
(Ashland, Kentucky)
North College Hill
(North College Hill, Ohio)
Universidade Kansas State (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 47
Por Washington Wizards
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Boston Celtics (2008–2010)
Utah Flash (2008–2009)
Maine Red Claws (2009)
New York Knicks (2010–2012)
Austin Toros (2013)
Trotamundos de Carabobo (2013)
Sioux Falls Skyforce (2013–2014)
Alaska Aces (2014)
Sioux Falls Skyforce (2014–2015)
Miami Heat (2015)
Cedevita (2015–2016)
NLEX Road Warriors (2016)
Sioux Falls Skyforce (2016–2017)
Blackwater Elite (2017)
Galatasaray (2018)
Defensor Sporting (2018)
Blackwater Elite (2018)
Shiga Lakestars (2019–presente)

William Henry Walker, nado o 9 de outubro de 1987 en Huntington, Virxinia Occidental, e anteriormente coñecido coma Bill Walker, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shiga Lakestars da B.League. Mide 1,98 metros de altura e xoga na posición de ala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

Walker estudou durante tres anos na North College Hill High School, sendo en todos eles titular no seu equipo, e considerado coma un dos dez mellores escolares do país.[1] Nese período conseguiu varios galardóns, coma aparecer no segundo equipo All-America da revista PARADE en 2006,[2] no mellor quinteto dese ano entre os xogadores de instituto para EA Sports,[3] ou no mellor quinteto do estado de Ohio elixido polos adestradores,[4] entre outros galardóns.

Universidade[editar | editar a fonte]

Tras espertar a interese de moitas universidades de primeiro nivel da División I da NCAA, coma Cincinnati, Connecticut, Illinois, Syracuse, Southern California e Texas, Walker finalmente matriculouse na Universidade de Kansas State coma estudante a tempo parcial para poder competir a partir do 16 de decembro, cando comezaba o segundo semestre.[4] Apenas puido disputar seis partidos no seu ano coma novato, xa que en xaneiro de 2007 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda nun partido ante Texas A&M, da cal tivo que ser operado, perdéndose o resto da tempada.[5] Promediou 11,3 puntos e 4,5 rebotes, gañando en dúas ocasións o premio de rookie da semana e finalmente incluído no mellor quinteto de novatos da Big 12 Conference.[6]

Na tempada 2007-08, Walker promediou 16,1 puntos e 6,3 rebotes en 31 partidos disputados. Igualou a súa mellor marca anotadora nun partido o 23 de febreiro de 2008 ante Baylor, anotando 31 puntos e capturando 11 rebotes, que sumados aos do seu compañeiro de equipo Michael Beasley conseguiron 75 dos 86 puntos dos Jayhawks.[7] No total da súa traxectoria universitaria promediou 14,9 puntos e 5,9 rebotes por partido.[8]

O 14 de abril anunciou, xunto ao seu compañeiro Michael Beasley a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[9]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada P PT TCC TCI %TC TLC TLC %TL 3PC 3PI %T3 REB ASIS ROUB TAP PTS MEDIA
2006-07 6 5 26 65 .400 16 24 .667 0 9 .000 27 5 4 0 68 11.3
2007-08 31 28 181 389 .465 101 137 .737 35 114 .307 196 59 27 17 498 16.1
Totals 37 33 207 454 .456 117 161 .727 35 123 .285 223 64 31 17 566 15.3

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 47ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Washington Wizards, quen pouco despois traspasarían os seus dereitos aos Boston Celtics.[10] O 22 de agosto asinou o contrato con este equipo, onde levaría o dorsal 12 na súa camiseta.[11]

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con J.R. Giddens e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry. Foi cortado polos Knicks o 20 de abril de 2012.[12]

O 21 de febreiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. scout.com ScoutHoops.com - 2007 College Basketball Recruiting, consultado agosto de 2008
  2. parade.com PARADE Magazine All-America Teams 2006 Arquivado 29 de decembro de 2008 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  3. rivals.com StudentSportsBasketball.com - 2006 EA SPORTS Boys All American Team Arquivado 22 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  4. 4,0 4,1 "Walker eligible to compete for K-State mid-year". The Collegian (en inglés). 2006-11-03. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2021-02-24. 
  5. ESPN.com Walker's season comes to an end with ruptured ACL, consultado agosto de 2008
  6. NBA.com Bill Walker Prospect Profile Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  7. ESPN.com Kansas State vs. Baylor - Box Score - February 23, 2008, consultado agosto de 2008
  8. thedraftreview.com Ficha de Walker en TDR, consultado agosto de 2008
  9. Howard Richman, Beasley, Walker declare for NBA draft, The Kansas City Star, consultado agosto de 2008
  10. boston.com Taking a shot with J.R., consultado agosto de 2008
  11. boston.com Celtics sign Bill Walker, consultado agosto de 2008
  12. "Amare back, Gadzuric added". ESPN.com. 2012-04-20. Consultado o 2012-04-20. 
  13. "HEAT Signs Henry Walker". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]