Ilya Ehrenburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilya Ehrenburg
Ilya Ehrenburg (1959).tif
Nacemento14 de xaneiro de 1891, 26 de xaneiro de 1891 e 27 de xaneiro de 1891
Lugar de nacementoKíiv
Falecemento31 de agosto de 1967
Lugar de falecementoMoscova
Causainfarto agudo de miocardio
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaPobo xudeu
Alma máterFirst Moscow gymnasium
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta, novelista, guionista, tradutor, político, escritor de literatura infantil, prosista e xornalista de opinión
CónxuxeLjuba Kozintzeva-Ehrenburg
FillosIrina Erenburg
Coñecido porThe Extraordinary Adventures of Julio Jurenito, The Thaw, Black Book e Menschen, Jahre, Leben
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Estrela Vermella, Medalha "Pela Defesa de Moscou", Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Premio Stalin, International Lenin Prize for Peace, Orde de Lenin e Premio Lenin da Paz
Na rede
IMDB: nm0251280 Dialnet: 1892237 iTunes: 1271947273 Musicbrainz: 82fcd8e5-5cf4-49fb-9c2a-93d7fdcec369 Find a Grave: 21425 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ilya Ehrenburg, nado en Kíiv o 26 de xaneiro de 1891 e finado en Moscova o 31 de agosto de 1967, foi un escritor ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía na capital de Ucraína, involucrado cos movementos revolucionarios que actuaban no Imperio zarista foi detido durante uns meses mentres realizaba os seus estudos de secundaria en Moscova. En 1908 emigrou a París, alí entrou en contacto co mundo literario e compuxo as súas primeiras poesías. Correspondente na fronte de guerra durante a primeira guerra mundial. Trala guerra volveu ó seu país e estableceuse en Kíiv como profesor. Descontento co rumbo que tomaba o réxime soviético en 1921 marchou do país, pasou por Berlín e Bruxelas antes de establecerse en París en 1925. Unha vez proclamada a república en España realizou varias viaxes alí e escribiu o libro España, república de traballadores (1932), foi correspondente de guerra en España durante a guerra civil española. Na segunda guerra mundial as súas alocucións na radio foron das máis escoitadas polas tropas e a poboación en xeral, axudando a manter a moral.

Obra[editar | editar a fonte]

A caída de París (1942) é a súa novela máis coñecida.