Gran Purga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento ás vítimas da represión política, na praza Lubianka de Moscova, usando unha rocha do campo de traballos de Solovkí.

A Gran Purga foi unha serie de campañas de represión política e asasinatos na Unión Soviética orquestradas por Iosif Stalin dende 1937 ata 1938. Tratouse dunha purga a grande escala dentro do Partido Comunista e dos funcionarios do goberno, con represión e persecución a labregos, líderes do Exército Vermello, e persoas sen afiliación, caracterizadas pola vixilancia policial, a sospeita xeneralizada de "saboteadores", encarceramento, e execucións arbitrarias. Na historiografía rusa o período de purga máis intensa é chamado Yezhovshchina (literalmente o réxime de Yezhov) por Nikolai Yezhov, o xefe da policía secreta soviética, NKVD.