Osip Mandelstam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Osip Mandelstam
NKVD Mandelstam.jpg
Nome completo Иосиф Эмильевич Мандельштам
Nacemento 15 de xaneiro de 1891 e 3 de xaneiro de 1891
  Varsovia
Falecemento 27 de decembro de 1938
  Vladivostok e Gulag camp
Causa Tifo
Nacionalidade Imperio Ruso e Unión Soviética
Etnia Pobo xudeu
Educado en Universidade de Heidelberg e Universidade Estatal de San Petersburgo
Ocupación poeta, escritor, tradutor, crítico literario e ensaísta
Cónxuxe Nadezhda Mandelstam
Osip Mandelstam signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Osip Emilievitch Mandelstam (en ruso cirílico О́сип Эми́льевич Мандельшта́м), nado en Varsovia o 15 de xaneiro de 1891 e finado en Vladivostok o 27 de decembro de 1938, foi un poeta polaco, ruso por adopción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuscrito da Oda a Stalin de Mandelstam

Iniciouse como poeta no movemento acmeísta, pero evolucionou cara posicións persoais, síntese do simbolismo, o futurismo e o acmeísmo. A Oda a Stalin, un poema contra Stalin custoulle en 1934 un desterro aos Urales, onde intentou suicidarse, e despois de varios anos en Voronezh, nos que puido continuar a súa obra en condicións precarias, regresou para ser novamente arrestado en 1938 e condenado a cinco anos de traballos forzados. Morreu nun campo de traballo próximo a Vladivostok.

A poesía de Mandelstam, considerado un dos maiores poetas rusos do século XX, foi milagrosamente conservada por Nadiezhda, a súa muller, autora de dous libros: Contra toda esperanza e Libro segundo, nos que conta as tráxicas experiencias que viviu co poeta durante os anos do terror. Mandelstam foi tamén un gran prosista. Coloquio sobre Dante, proba do seu coñecemento da Divina Comedia, que citaba de memoria.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A pedra, 1913.
  • Tristia, 1922.
  • Cadernos de Moscú, 1930-1935.
  • Cadernos de Voronezh, 1935-1937 .

Prosa[editar | editar a fonte]

  • O rumor do tempo.
  • A cuarta prosa.
  • Viaxe a Armenia.
  • Da poesía.
  • Coloquio sobre Dante.

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.