Ibias
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | Santo Antolín | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.098 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 333,41 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Ron Méndez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33810 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33028 | ||||
| Sitio web | ibias.es | ||||
Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Historia
[editar | editar a fonte]Integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galicia[1], tal e como recolle unha confirmación de 955 do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (…) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira).[2]
Na metade do século XVIII pertenceu a Galicia.[3]
Parroquias
[editar | editar a fonte]| Asturias | Parroquias de Ibias | |
|---|---|
|
A Estierna | Cecos | Os Coutos | Marentes | Peliceira | San Clemente | Santo Antolín de Ibias | Sena | Seroiro | Taladriz | Tormaleo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antroponimia sueva (I de V)". Fror na Area. Consultado o 22/06/2010.
- ↑ RISCO, M. (1784). España Sagrada, Tomo XXXIV. Madrid, Imprenta de D. Antonio de Sancha., Facsimile en Google Books.
- ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). IV: Cartografía. Madrid: INE. 2016 [1995]. pp. 57, 60–64.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

