Ayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Véxase tamén: Ramón María Aller Ulloa.
Ayer
Aller
Flag of aller.svg
Escudo de Aller.svg
Aytoaller.jpg
Casa do concello.
Localización
Ayer Asturies map.svg
PaísEspaña España
Com. AutónomaPrincipado de Asturias
ComarcaCaudal
Xeografía
Altitude2.115 msnm
Superficie375,89 km²
Demografía
Poboación12.136 hab. (2012)
Densidade32,29 hab./km²
Xentilicioayerano/a
Outros datos
Código postal33686
AlcaldeDavid Moreno Bobela (PSOE)
www.aller.es

Ayer (en castelán: Aller) é un concello da comunidade autónoma do Principado de Asturias en España. Limita ao norte con Mieres, ao sur coa provincia de León, ao leste con Llaviana, Casu e Sobrescobiu e ao oeste con Ḷḷena. Ten unha poboación de 12.136 habitantes.

Cruzado polo río do mesmo nome, forma parte xunto cos concellos de Ḷḷena e Mieres da conca mineira do Caudal. A súa principal actividade económica foi a minería do carbón, especialmente na parte baixa do val, compaxinada coa agricultura e a gandería. O curso baixo do río Ayer, preto da súa confluencia co Caudal, forma un val profundo entre empinadas ladeiras cubertas de bosques. Dominan a paisaxe as torres dos pozos de carbón e as edificacións dos pobos mineiros.

Río arriba chégase a Cabanaquinta, capital do concello desde 1869, pasada a cal a paisaxe transfórmase paulatinamente nun val de alta montaña que culmina no porto de San Isidro (1.520 m), límite de Asturias con León. A beleza desta paisaxe e a atracción da leonesa estación de esquí no porto supuxeron un espectacular crecemento do sector turístico nos últimos anos, destacando a localidade de Felechosa, a 13 km do alto.

Entre as belezas naturais atópanse as Fouces do Piñeiro e as do Ayer, profundas gargantas escavadas por estes ríos na calcaria de montaña. Ademais, o concello ofrece unha gran variedade de rutas que seguen os camiños dos pastores tradicionais desde os pobos do fondo dos vales ata as fermosas brañas imposibles de adiviñar desde abaixo.

Tamén se pode acceder a cumes emblemáticos como o Torres (2.100 m), o Toneo, Pena Redonda, o Retriñón, Pena Mea...

Parroquias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]