Noreña
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | Noreña | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.131 (2025) | ||||
| Número de fogares | 2.251 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 5,66 km² | ||||
| Altitude | 207 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Noreña (en) | César Movilla Anta | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33... | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33042 | ||||
| Sitio web | aytonorena.es | ||||
Noreña é un concello e unha parroquia de Asturias, cunha superficie de apenas 6 km² (o de menor extensión no Principado) e unha poboación de 4.600 habitantes (2004), soportando unha elevadísima densidade de máis de 767 hab./km².
Noreña é así mesmo unha entidade de poboación, ao tempo capital do concello, na que vive máis do 90 % da poboación do municipio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Noreña é un enclave no concello de Siero. Linda en todas as direccións con parroquias de Siero: ao norte coa de Anes; polo sur coa de Hevia; polo leste con La Carrera e polo oeste coa de Argüelles.
A súa situación é moi próxima aos núcleos maiores do Principado.
Ten tres parroquias: Celles, Noreña e Santamarina.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde finais do século XIV, Noreña foi unha xurisdición dos bispos de Oviedo, que ostentaban o título de condes de Noreña. Esta situación mudou coa chegada do liberalismo, converténdose nun concello independente a partir de 1835.
Economía
[editar | editar a fonte]Noreña desfruta da renda per cápita máis alta de Asturias. A economía noreñense apóiase nunha importante industria de embutidos e no sector servizos. Noreña véndese como capital gastronómica do Principado.
Festas
[editar | editar a fonte]- 24 de abril, San Marcos, patrón dos carniceiros. É festa moi popular polo seu entronque coa actividade produtiva máis coñecida do municipio.
- 14 a 21 de setembro, Ecce Homo, é, porén, a festa máis populosa da localidade. Ten dous fermosas procesións, unha de baixada do Ecce-Homo dende a Capela da Soidade ata a igrexa de Santa María, nocturna. E outra, o día grande, ás 12:30, de subida de novo á capela, na que Noreña adoita ter ata 6.000 hab. (cando a súa poboación non chega ós 5.000).
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Pazo de Miraflores, séculos XVI-XVII.
- Pazo de El Rebollín, séculos XVI-XVII.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

