Piloña
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | L'Infiestu | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.716 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 284,92 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Iván Allende Toraño (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33530 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33049 | ||||
| Sitio web | ayto-pilona.es | ||||
Piloña é un concello de Asturias, situado a oriente do seu territorio. Linda polo norte con Villaviciosa e Colunga, polo leste con Parres, polo oeste con Nava e Cabranes e polo sur con Ponga, Casu e Sobrescobiu. A capital municipal é a localidade de L'Infiestu. Segundo o INE, en 2007 tiña 8243 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A área municipal é de 283,89 km². O territorio de Piloña é montañoso, con vales profundos e estreitos, e montes non moi altos, mais de pendente pronunciada. A maior parte do terreo municipal corresponde a unha depresión terciaria, de dirección leste-oeste, que percorre o río Piloña. Coñécense bos bancos de carbón en La Marea, e outros menores en Sotiello e Boriñes. Hai tamén faixas de lousa na serra de Ques e na serra de Cayón.
O río principal é o Piloña, tributario pola esquerda do río Sella. A vía principal de comunicacións é a estrada N-634.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo oceánico, húmido, chuvioso e temperado. A media anual de temperaturas é de 12 °C.
Parroquias do concello
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Piloña é historicamente unha área en retroceso de poboación. O concello tiña uns 20.000 habitantes en 1930; 8.799 en 2001; e 8.440 en 2005. A súa economía é principalmente agropecuaria, con cría de gando para leite e carne, xunto con certa explotación forestal.
Ten algunha industrais. Son basicamente de fabricación de mobles e sidra, unha planta que procesa o leite da zona e unha fábrica de caramelos e outros produtos doces (esta en Villamayor).
As poboacións máis importantes son L'Infiestu (que ten arredor do 20% da poboación municipal), Villamayor e Sebares. As tres están sobre as beiras do río Piloña.
Historia
[editar | editar a fonte]Existe un asentamento prehistórico na cova de Sidrón, preto da localidade de Vallobal, da que se extraeron restos de neandertais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piloña |

