Parres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′31″N 5°11′5″O / 43.35861, -5.18472

Parres
Bandera de Parres.png
Escudo de Parres.png
Arriondas - Ayuntamiento de Parres.jpg
Localización
Parres Asturies map.svg
PaísEspaña España
Com. AutónomaAsturias
Xeografía
Altitude1.159 msnm
Superficie126,08 km²
Demografía
Poboación5.615 hab. (2013)
Densidade44,53 hab./km²
Outros datos
Código postal33540
Sitio web oficial

Parres é un concello de Asturias. Linda polo norte con Caravia e Ribadesella, polo leste con Cangas de Onís, polo oeste con Piloña e Colunga e polo sur con Amieva. A capital do concello é localidade de Arriondas. A poboación en 2013 atinxía un total de 5.615 habitantes.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

A denominación do habitantes é parragués / parraguesa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da serra de El Sueve.

Parres ocupa unha área de 126,08 km2. O terreo é moi montañoso e abrupto, salvo quizais a parte central, con pequenos vales orientados en todas as direccións. Pódese afirmar que a rede de montes do concello é complicada, pola variedade de cordais e cumios de alturas diversas que ocupan o municipio. Polo norte aparecen unha serie de cumes e serras moi característicos de Asturias, como son a Serra de El Sueve con o pico Pienzo á cabeza (1.159 m), a serra de Llavallos, a de Calabrez e o pico Moro no extremo nordeste. Na parte central, porén, contrasta a suavidade da zona, que é a parte menos abrupta do concello, pero na que cómpre destacar a mota Cea e Cetín (1.068 m).

Hidrografía[editar | editar a fonte]

A rede hidrográfica ten dous ríos salientábeis:o Piloña, que parte case pola metade o concello, trascorrendo de oeste a leste, e o Sella, a corrente máis caudalosa da zona, que reparte as súas augas entre Cangas de Onís e Parres e que desemboca no Mar Cantábrico na veciña Ribadesella; é, por outra banda, elemento limítrofe no oriente do municipio.

Fauna e Flora[editar | editar a fonte]

A vexetación do concello tamén é variada, destacando matogueiras na alta montaña, así como piñeiros, faias, eucaliptos, carballos e abeleiras. A fauna fluvial está representada pola troita, o reo, a anguía e o salmón. Entre a fauna terrestre achamos raposos, teixugos, garduñas, xabaríns, corzos e venados, así como asturcóns, o cabalo autóctono que está en regresión. As aves máis avistadas son as pegas, merlos, corvos e voitres.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Sectores económicos[editar | editar a fonte]

Empregados nos diversos sectores económicos (ano 2006)
Número de traballadores Tanto por cento
TOTAL 2.117 100
Agricultura, gandería e pesca 241 11,38
Industria 256 12,09
Construción 279 13,18
Servizos 1.341 63,34
* Datos do Anuario Estadístico de Asturias 2006, SADEI

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]