Ḷḷena
Coordenadas: 43°04′59″N 5°47′32″O / 43.08306, -5.79222

Ḷḷena (en castelán: Lena) é un concello do Principado de Asturias. En 2015 tiña unha poboación de 11.654 habitantes.
Atópase no sur da comunidade en plena Cordilleira Cantábrica. Limita ao norte con Mieres, ao oeste con Riosa e Quirós, ao leste con Aller e ao sur coa provincia de León. No límite con esta provincia atópase o Peña Ubiña, de 2.417 metros de altitude.
Está formado polas parroquias de Cabezón, Campumanes, Carabanzo, Casorvía, Castieḷḷo, Chanos de Somerón, Columbieḷḷo, Congostinas, Erías, Felgueras, La Pola, Las Puentes, Muñón Cimiru, Muñón Fondiru, Parana, Payares, Piñera, Samiguel del Río, Sotieḷḷo, Teyeo, Tuiza, Viḷḷayana, Xomezana e Zurea. A capital do concello é La Pola.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ḷḷena ![]() |