Colunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Colunga é un concello asturiano, situado ao noroeste do principado. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur cos concellos de Parre e Piloña, ao leste co de Caravia e ao oeste co de Villaviciosa.

Colunga ten 5.095 habitantes repartidos nunha superficie total de 97 km² (cunha densidade de 52'5 hab./km²). A poboación concéntrase sobre todo nos núcleos de Colunga, Lastres, Gobiendes, Luces, La Isla, Lué, Pivierda, Libardón e Carrandi. A vila capital ten un bo trazado urbano con modernos edificios e recunchos pintorescos.

A mobilidade da topografía do concello sorprende polos seus cambios paisaxísticos: a súa configuración montañosa do interior contrasta coas súas praias.

Política[editar | editar a fonte]

Concello de Colunga.


PSOE PP IU-BA Outros Total
2003 4 4 1 2 11
2007 6 5 0 0 11

Cumes[editar | editar a fonte]

El Sueve e El Fito.

Praias[editar | editar a fonte]

As tres máis importantes son: Lastres, La Griega e La Isla.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Os edificios prerrománicos constitúen seña de identidade do Principado.

Festas[editar | editar a fonte]

Festa patronal da Nosa Señora de Loreto na vila Colunga o Domingo "Dia Grande" e poxa do Ramu, tradición asturiana. O martes seguinte é a "xira" na praia de La Griega cunha unha gran romaría con repartición do "Bollu Preñau" e a botella de viño.

Festas de San Roque na vila pesqueira de Lastres.

Festa da Nosa Señora do Carmen en Lastres con procesión Mariñeira nas embarcacións.

Festa de Espuneres; na Majada de Espuneres(Serra do Sueve)

Festas dos Asturcones.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]