Cudillero
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | Cudillero | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.867 (2025) | ||||
| Número de fogares | 4.299 (2001) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 101,5 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Punto máis alto | El Cuetu (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Cuideiru (en) | Luis Fernández Garay | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33021 | ||||
| Sitio web | ayuntamientodecudillero.com | ||||
Cudillero,[1] en asturiano Cuideiru, en castelán Cudillero,[2] é un porto pesqueiro e concello da Comarca de Avilés, no Principado de Asturias. A súa poboación en 2014 era de 5 369 habitantes (2 665 homes e 2 704 mulleres).[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado á beira do Mar Cantábrico, a 55 km ao noroeste de Oviedo e ao oeste de Xixón. Na capital do concello as casas están distribuídas en chanzos, dende o mar ata o monte.
Demografía
[editar | editar a fonte]
![]() |
Cultura
[editar | editar a fonte]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destacan o conxunto histórico de Cudillero, a igrexa de Santa María e a casa reitoral de Soto de Luiña, antigo hospital de peregrinos, así como a igrexa de San Martín de Luiña, en Escalada, todos eles catalogados como bens de interese cultural.
Outros monumentos históricos son a capela do Humilladero, gótica, moi reformada. No palacio da Quinta de Selgas, do século XVI,[4] en Selgas de Abajo, El Pito, Piñera, está o museo homónimo, que alberga pinturas de Goya, El Greco, Luca Giordano, Corrado Giaquinto e Vicente Carducho.[5]
Economía
[editar | editar a fonte]Os principais recursos son o turismo e a pesca[1] e a industria conserveira.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María, BIC.
- Casa reitoral de Soto de Luiña, BIC.
- A Quinta de Selgas.
- Capela do Humilladero.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Cudillero" en DEGU, t. 19, p. 101.
- 1 2 "Cudillero" en Nuevo Diccionario Enciclopédico Ilustrado, t. 2. p. 680, Durvan, Bilbao.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE).
- ↑ Microsoft Encarta, 2009, (DVD).
- ↑ Fundación Selgas Fagalde
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cudillero |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cudillero [Concejo - España]" e "Cudillero [España]" en Enciclopedia Universal Micronet, en DVD.


