Yernes y Tameza
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | Villabre | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 136 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 31,63 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Yernes y Tameza (en) | María Díaz Fidalgo (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33826 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33078 | ||||
| Sitio web | yernesytameza.es | ||||
Yernes y Tameza é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 159 habitantes, sendo o concello menos poboado de Asturias.
Limita ao oeste, norte e nordés con Grau, ao sueste con Proaza e ao sur con Teberga. Atópase na zona centro-occidental da comunidade, encravado entre montañas na zona alta do río Cubia.
Demografía
[editar | editar a fonte]Yernes y Tameza caracterizouse historicamente por ser un dos concellos menos poboados de toda Asturias, pasando de ter 842 habitantes a principios do século xx, a 128 na actualidade, que poñen en perigo a propia existencia do concello.
Desde que a mediados da década de 1930 o territorio alcanzase a súa cota máxima de poboación con 892 persoas, o descenso producido foi bastante considerable, debido sobre todo das poucas perspectivas que presentaba o concello e que fixo que as persoas máis novas optasen por saír cara ás poboacións con máis oportunidades e industria do centro da rexión, como Xixón, Oviedo e Avilés así como cara ao veciño concello de Grau. Todo isto fai que hoxe en día Yernes y Tameza presente unhas estruturas demográficas realmente desarticuladas, observando que máis do 70% da poboación supera os 55 anos e que un 15% non chega aos 30, sendo irrisoria a cantidade de mozos menores de 15 anos da zona, un 3% do total. Estes datos revélannos unha poboación bastante envellecida.
Parroquias
[editar | editar a fonte]O concello está formado por dúas parroquias e cinco entidades:
Festas
[editar | editar a fonte]Entre as súas festas destacan:
- Romería de Acibidiello en Villabre, en xuño.
- Festas de San Antonio en Yernes, en xuño.
- Feira de Cuevavallagar no porto, en agosto.
- Festas do Rosario, tanto en Yernes como en Villabre, en outubro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yernes y Tameza |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do concello Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

