Houston Rockets
Houston Rockets | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | San Diego Rockets (1967–1971) |
Cores | Vermello, prata |
G League | Rio Grande Valley Vipers |
Retirados | 6 (22, 23, 24, 34, 45, CD) |
Localización | |
Cidade | Houston, Texas |
Pavillón | Toyota Center |
Capacidade | 18.055 espectadores |
Inauguración | 6 de outubro de 2006 |
Persoal | |
Propietario(s) | Tilman Fertitta |
Director | Rafael Stone |
Adestrador | Stephen Silas |
Títulos | |
Campión | 2 (1994, 1995) |
Conferencia | 4 (1981, 1986, 1994, 1995) |
División | 8 (1977, 1986, 1993, 1994, 2015, 2018, 2019, 2020) |
rockets.com |
Os Houston Rockets son un equipo de baloncesto profesional estadounidense con sede en Houston, Texas. O equipo xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). OS Rockets xogan os seus partidos como local no Toyota Center, pavillón con capacidade para 18.055 espectadores situado no centro da cidade. A franquía, fundada en 1967 como "San Diego Rockets", posúe dous títulos de capión da NBA e catro títulos da Conferencia Oeste.[1]
Na súa tempada de debut, os Rockets tan só gañaron 15 partidos, mais tras elixir na primeira posición do Draft da NBA de 1969 a Elvin Hayes, clasificáronse para os playoffs por primeira vez. Con todo, os Rockets non conseguiron finalizar unha temporada cun balance positivo de vitorias até a chegada de Moses Malone na temporada 1977−78. Malone gañou dous premios MVP durante a súa estancia en Houston, liderando ao equipo ás Finais de Conferencia na súa primeira tempada en Houston. Ademais levou ao equipo ás Finais da NBA en 1981, mais foron derrotados polos Boston Celtics en seis partidos.
En 1984, os Rockets elixiron no Draft ao pivote Hakeem Olajuwon, que xunto con Ralph Sampson, formou uns dos xogaos interiores máis altos da competición. Os alcumados como "Twin Towers" (do inglés: Torres Xemelgas) lideraron ao equipo ás Finais de 1986 no seu segundo ano, onde perderon de novo contra os Celtics. Nas seguintes tempadas continuaron clasificándose para os Playoffs, mais sen conseguir pasar da primeira rolda. En 1994 conseguen chegar de novo ás Finais, e esta vez logran o seu primeiro título tras vencer a un New York Knicks liderados por Patrick Ewing. Ao ano seguinte repetirían o éxito, esta vez vencendo aos Orlando Magic de Shaquille O'Neal e Penny Hardaway. No século XXI os Rockets contaron con estrelas como Yao Ming ou Tracy McGrady, mais non volveron a facerse co compaionato. Os Rockets son coñecidos actualmente polo uso da análise avanzada de estatísticas á hora de contratar xogadores e xogar.
Historia
[editar | editar a fonte]Os San Diego Rockets
[editar | editar a fonte]Os Rockets foron fundados na cidade de San Diego (California) no ano 1967 e, despois de ser comprados por Robert Breitbard por 1,75 millóns de dólares,[1] entraron na NBA como equipo de expansión na temporada 1967−68. O nome do equipo, "Rockets", foi elixido foi por un dos lemas da cidade: "a city in motion" (do inglés: unha cidade en movemento), e porque a rama local de General Dynamics estaba a desenvolver o mísil Atlas.[1] Breitbard escolleu entón a Jack McMahon, entón adestrador dos Cincinnaty Royals, para ocupar os postos de adestrador e director xeral. O novo equipo, que entraría na liga xunto cos Seattle SuperSonics, construíu un equipo con xogadores vetaráns do Draft de expansión e con promesas universitarias, onde a primeira elección nun Draft dos Rockets foi foi o que anos máis tarde sería membro do Basketball Hall of Fame, Pat Riley. OS Rockets perderon 67 partidos na súa primeira temporada, o que naquel entón supuxo o maior número de derrotas dun equipo nunha campaña.[2]
En 1968, despois de que os Rockets gañasen un lanzamento de moeda aos Baltimore Bullets, conseguiron a primeira posición do Draft de 1968, onde seleccionaron a Elvin Hayes da Universidade de Houston. Hayes liderou ao equipo cara á súa primeira aparición en Playoffs en 1969, caendo eliminados nas Semifinais da División Oeste ante os St. Louis Hawks por 4-2. No Draft de 1970, os Rockets elixiron a Calvin Murphy e a Rudy Tomjanovich, posteriormente persoeiros chaves na historia franquía.
Adestrados por polo adestrador membro do Salón da Fama Alex Hannum, os Rockets conseguiron nos dous seguintes anos un récord 57–97, non aparecendo nos Playoffs en ningunha das dúas temporadas. Debido ás malas actuacións do equipo e á baixa asistencia ao pavillón, Breitbard tratou de vender a franquía. En 1971, o grupo Texas Sports Investments, liderado polo axente inmobiliario Wayne Duddleston e o banqueiro Billy Goldberg, comprou o equipo por 5,6 millóns, trasladando o equipo a Houston. Así, os Rockets convertéronse na primeira franquía da historia da NBA do estado de Texas. O nome do equipo, os "Rockets", tomou máis significado coa mudanza debido á relación da cidade coa industria espacial.
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Toyota Center.
Durante os catro anos que permaneceron en San Diego, os Rockets xogaron os seus partidos como local no San Diego Sports Arena, o cal tiña capacidade para 14.400 espectadores.[3] Tras traladarse a Houston, o equiupo non dispoñía de ningún pavillón, polo que xogaron durante os dous primeiros anos en varias instalacións da cidade, incluíndo o Astrodome, o AstroHall, o Sam Houston Coliseum e o Hofheinz Pavilion, o cal sería adoptado a partir de 1975 como o seu pavillón local. Alén destas instalacións, tamén xogaron partidos como "local" noutras cidades como San Antonio, Waco, Albuquerque ou incluso San Diego, coa intención de aumentar o seu número de seguidores. De feito, durante a súa primeira temporada os Rockets contaron cunha media inferior a 5.000 espectadores por partido e, no seu único partido en Waco, só houbo 759 espectadores.
O seu primeiro pavillón permanente en Houston foi o Hofheinz Pavilion, instalación con capacidade para 10.000 epectadores situada no campus da Universidade de Houston. Permeneceron nel durante catro temporadas antes de trasladarse a The Summit en 1975. Este pavillón, que podía albergar 16.611 espectadores,[4] foi o fogar da franquía durante os seguintes 28 anos. O pavillón entre 1998 e 2003 recibiu o nome de Compaq Center por motivos de patrocinio. Despois do título de 1994, o pavillón rexistrou cheos totais durante 176 partidos consecutivos, incluíndo Playoffs, até 1999. Porén, durante as complicadas temporadas 2000−01 e 2001−02 os Rockets tiveron a peor media de asistencia da liga con menos de 12.000 espetadores por partido. Na temporada 2003−04, os Rockets trasladáronse a un novo pavillón, o Toyota Center, con capacidade para 18.500 espetadores. Durante a temporada 2007−08, cando o equipo conseguiu unha serie de 22 vitorias consecutivas, a franquía consegiu a mellor media de asistencia até a data con 17.379 espectadores por encontro. Estes números foron superados en 2013 coa chegada de James Harden ao equipo. De feitos, duarante a temporada 2013−14 a media de espectadores foi de 18.123, enchendo o pavillón en 39 de 41 partidos. Os números aínda melloraron máis durante a temporada 2014−15 con 18.230 espectadores e 40 cheos.
Pavillón | Localización | Estado | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
San Diego Sports Arena | San Diego | California | 14.400 | 1967 | 1971 |
Hofheinz Pavilion | Houston | Texas | 10.000 | 1971 | 1975 |
The Summit | Houston | Texas | 16.611 | 1975 | 2003 |
Toyota Center | Houston | Texas | 18.055 | 2003 | − |
Identidade
[editar | editar a fonte]Uniforme e logo
[editar | editar a fonte]Cando os Rockets debutaron en San Diego as súas cores eran o verde e ouro. Nos uniformes de visitante figuraba o nome da cidade, mentres que os uniformes de local levaban o nome do equipo, ambos con letra serifa de imprenta. Este deseño foi o único que lovou o equipo na súa estadía en terras californianas. En canto ao logo, o primeiro da historia do club consistía nun foguete atravesando un balón de baloncesto rodeado polo nome do equipo.[5] Ao mudarse a Houston en 1971, os Rockets substituíron o verde con vermello. Porén, o deseño foi o mesmo que o dos seus días en San Diego, salvo polo cambio de cor e o nome da cidade. O logo utilizado consistía nun xogador de baloncesto voando impulsado por un rastro de chamas vermellas e douradas coas palabras "Houston Rockets".[6]
Na temporada 1972−73, os Rockets unha nova imaxe. Presentaron o seu famoso logotipo alcumado "mostaza e ketchup" polos seus seareiros, o cal consiste nun balón dourado no que se lee "Rockets" (en maiúsculas salvo o "E" e o "T"), reodeado por un bordo vermello coa palabra "Houston".[6] En canto aos uniformes, que utilizarían até a tempada 1975−76, o de local era branco co nome da cidade, os números e o nome do xogador en vermello con remates dourados,[7] mentres que os uniformes visitantes, vermellos, contaban coa serigrafía dourada con remates brancos.
Uns anos despois, na temporada 1976−77, volveron modificar os seus uniformes, os cales presentaban un aspecto máis monótono na tipografía, a cal pasaba ser completamente branca no uniforme visitante. Tamén notábel no novo deseño foi o uso da fonte Cooper Black no nome dos xogadores. No que respecta aos pantalóns, no local figuraba o logo do equipo situado na perna esquerda, mentres que no visitante, ademais do logo na perna dereita, figuraba o nome da franquía. Con algunhas pequenas modificación na tipografía dos números, esta versión do uniforme foi utilizada nas catro aparicións dos Rockets nas Finais da NBA, incluíndo os títulos de 1994 e 1995.[7]
Despois da consecución do título de 1995, os Rockets optaron por modernizar o seu aspecto. Após un concurso entre os seareiros con máis de 5.000 propostas, o equipo ficou coa idea de artista de Thomas Nash dun foguete orbitando unha bóla de baloncesto, a cal foi posteriormente reelaborada polo deseñador Chris Hill. Nash demandaría máis tarde ao equipo Rockets por incumprimento de contrato, tendo en conta que estaban a usar a súa idea despois de non ter pagado o premios do concurso. Alén diso, NBA suxeriu aos Rockets que lle desen ao logo un aspecto máis "cartoon" (de debuxos animados) tal e como estaban a facer outros equipos durante a década de 1990. Isto deu lugar a que o cohete pasase ter aspecto de quenlla. En canto ás cores, mantívose o vermello, máis o amarelo e o branco foron substituídos polo azul mariño e o gris. Ademais, tanto o uniforme local como o visitante contaban con franxas verticais e cunha rotulación futurista. Esta imaxe foi utilizada até a temporada 2002−03.[7]
O actual logo e uniforme dos Rockets data da temporada 2003−04, obra da axencia neoiorquina Alfafa Studio en asocación co deseñador xaponés Eiko Ishioka. O logo consiste nun R estilizado con forma dun cohete durante a engalaxe, cunha liña vermella orbitando ao redor, a cal pode ser interpretada como o círculo central dunha pista de baloncesto. O mencionado R inspirou o resto da tipografía, deseñada para que cada carácter puidese ser perfectamente lido desde a distancia, sexa no pavillón ou pola televisión. En canto ás cores, o vermello volveu ser a cor predominante, co gris e o negro como cores secundarias. No ano 2009 engadiuse un uniforme alternativo, o cal relembra as equipacións dos dous títulos da NBA.
Mascota
[editar | editar a fonte]A mascota dos Houston Rockets nos anos 1980 chamábase Booster. De 1993 a 1995 a mascota foi Turbo, un home disfrazado que realizaba mates acrobáticos e outras manobras. En 1995 debutou como segunda mascota "Clutch the Bear" (do inglés: o oso Cluth), un grande oso de peluche que realiza toda unha variedade de actos durante os partidos. Despois de oito anos con dúas mascotas, o actor que interpretaba a Turbo se retirou, facendo de Clutch a única mascota do equipo.[8]
Rivalidades
[editar | editar a fonte]Os Rockets desenvolveron moitas rivalidades dentro da Conferencia Oeste desde o regreso á mesma en 1980. Dúas das grandes rivalidades son interestatais, cos San Antonio Spurs, que regresaron desde a Conferencia Leste no mesmo ano que os de Houston, e os Dallas Mavericks, que entraron na liga ese mesmo ano. Nos Playoffs polo título, os Rockets enfrontouse contra cada un dos outros equipos texanos en tres ocasións, sempre superando aos de San Antonio e perdendo dúas veces cos de Dallas. Outras rivalidades coñecidas son a que manteñen cos Lakers, equipo que na era do Showtime só se perdeu unhas Finais da NBA debido a caer ante os Rockets, e os Utah Jazz, aos que gañaron nos anos dos seus títulos, mais que non conseguiron vencer noutras cinco ocasións.
Temporadas
[editar | editar a fonte]Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | En posición de Playoffs |
Temporada | Conferencia | Posto | División | Posto | V | D | %V | PD | Playoffs | Premios | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
San Diego Rockets | |||||||||||
1967−68 | — | — | Oeste | 6º | 15 | 67 | .183 | 41 | — | ||
1968−69 | — | — | Oeste | 4º | 37 | 45 | .461 | 18 | Perdidas Semifinais de Divisón (Hawks) 4–2 | — | |
1969−70 | — | — | Oeste | 7º | 27 | 55 | .329 | 21 | — | ||
1970−71 | Oeste | 7º | Pacífico | 3º | 40 | 42 | .488 | 8 | — | ||
Houston Rockets | |||||||||||
1971−72 | Oeste | 7º | Pacífico | 4º | 34 | 48 | .415 | 35 | — | ||
1972−73 | Leste | 5º | Central | 3º | 33 | 49 | .402 | 19 | — | ||
1973−74 | Leste | 6º | Central | 3º | 32 | 50 | .390 | 15 | — | ||
1974−75 | Leste | 4º | Central | 2º | 41 | 41 | .500 | 19 | Gañada Primeira Rolda (Knicks) 2–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–1 |
— | |
1975−76 | Leste | 6º | Central | 3º | 40 | 42 | .488 | 9 | — | ||
1976−77 | Leste | 2º | Central | 1º | 49 | 33 | .598 | — | Gañadas Semifinais de Conferencia (Bullets) 4–2 Perdidas Finais de Conferencia (76ers) 4–2 |
Tom Nissalke (COY) | |
1977−78 | Leste | 9º | Central | 6º | 28 | 54 | .341 | 24 | — | ||
1978−79 | Leste | 4º | Central | 2º | 47 | 35 | .573 | 1 | Perdida Primeira Rolda (Hawks) 2–0 | Moses Malone (MVP) | |
1979−80 | Leste | 4º | Central | 2º | 41 | 41 | .500 | 9 | Gañada Primeira Rolda (Spurs) 2–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–0 |
— | |
1980−81 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 3º | 40 | 42 | .488 | 12 | Gañada Primeira Rolda (Lakers) 2–1 Gañadas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–3 Gañadas Finais de Conferencia (Kings) 4–1 Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2 |
— | |
1981−82 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 3º | 46 | 36 | .561 | 2 | Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 2–1 | Moses Malone (MVP) | |
1982−83 | Oeste | 12º | Medio Oeste | 6º | 14 | 68 | .171 | 39 | — | ||
1983−84 | Oeste | 12º | Medio Oeste | 6º | 29 | 53 | .354 | 16 | Ralph Sampson (ROY) | ||
1984−85 | Oeste | 4º | Medio Oeste | 3º | 48 | 34 | .585 | 4 | Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2 | Ralph Sampson (AMVP) | |
1985−86 | Oeste | 2º | Medio Oeste | 1º | 51 | 31 | .622 | — | Gañada Primeira Rolda (Kings) 3–0 Gañadas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–2 Gañadas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1 Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2 |
— | |
1986−87 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 3º | 42 | 40 | .512 | 13 | Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2 |
— | |
1987−88 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 4º | 46 | 36 | .561 | 8 | Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 3–1 | — | |
1988−89 | Oeste | 5º | Medio Oeste | 2º | 45 | 37 | .549 | 6 | Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1 | — | |
1989−90 | Oeste | 8º | Medio Oeste | 5º | 41 | 41 | .500 | 15 | Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1 | — | |
1990−91 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 3º | 52 | 30 | .634 | 3 | Perdidas Primeira Rolda (Lakers) 3–0 | Don Chaney (COY) | |
1991−92 | Oeste | 9º | Medio Oeste | 3º | 42 | 40 | .512 | 13 | — | ||
1992−93 | Oeste | 2º | Medio Oeste | 1º | 55 | 27 | .671 | — | Gañada Primeira Rolda (Clippers) 3–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3 |
Hakeem Olajuwon (DPOY) | |
1993−94 | Oeste | 2º | Medio Oeste | 1º | 58 | 24 | .707 | — | Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1 Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3 Gañadas Finais de Conferencia (Jazz) 4–1 Gañadas Finais da NBA (Knicks) 4–3 |
Hakeem Olajuwon (MVP, FMVP, DPOY) | |
1994−95 | Oeste | 6º | Medio Oeste | 3º | 47 | 35 | .573 | 15 | Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2 Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3 Gañadas Finais de Conferencia (Spurs) 4–2 Gañadas Finais da NBA (Magic) 4–0 |
Hakeem Olajuwon (FMVP) | |
1995−96 | Oeste | 5º | Medio Oeste | 3º | 48 | 34 | .585 | 11 | Gañada Primeira Rolda (Lakers) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–0 |
— | |
1996−97 | Oeste | 3º | Medio Oeste | 2º | 57 | 25 | .695 | 7 | Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–0 Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3 Perdidas Finais de Conferencia (Jazz) 4–2 |
— | |
1997−98 | Oeste | 8º | Medio Oeste | 4º | 41 | 41 | .500 | 21 | Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2 | — | |
1998−99 | Oeste | 5º | Medio Oeste | 3º | 31 | 19 | .620 | 6 | Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1 | — | |
1999−00 | Oeste | 11º | Medio Oeste | 6º | 34 | 48 | .415 | 21 | Steve Francis (ROY) | ||
2000−01 | Oeste | 9º | Medio Oeste | 5º | 45 | 37 | .549 | 13 | — | ||
2001−02 | Oeste | 11º | Medio Oeste | 5º | 28 | 54 | .341 | 30 | — | ||
2002−03 | Oeste | 9º | Medio Oeste | 5º | 43 | 39 | .524 | 17 | — | ||
2003−04 | Oeste | 7º | Medio Oeste | 5º | 45 | 37 | .549 | 13 | Perdida Primeira Rolda (Lakers) 4–1 | — | |
2004−05 | Oeste | 5º | Suroeste | 3º | 51 | 31 | .622 | 8 | Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 4–3 | — | |
2005−06 | Oeste | 12º | Suroeste | 5º | 34 | 48 | .415 | 29 | — | ||
2006−07 | Oeste | 5º | Suroeste | 3º | 52 | 30 | .634 | 15 | Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–3 | — | |
2007−08 | Oeste | 5º | Suroeste | 3º | 55 | 27 | .671 | 1 | Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–2 | — | |
2008−09 | Oeste | 5º | Suroeste | 2º | 53 | 29 | .646 | 1 | Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–3 |
— | |
2009−10 | Oeste | 9º | Suroeste | 3º | 42 | 40 | .512 | 13 | Aaron Brooks (MIP) | ||
2010−11 | Oeste | 9º | Suroeste | 5º | 43 | 39 | .524 | 18 | — | ||
2011−12 | Oeste | 9º | Suroeste | 4º | 34 | 32 | .515 | 16 | — | ||
2012−13 | Oeste | 8º | Suroeste | 3º | 45 | 37 | .549 | 15 | Perdida Primeira Rolda (Thunder) 4–2 | — | |
2013−14 | Oeste | 4º | Suroeste | 2º | 54 | 28 | .659 | 8 | Perdida Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2 | — | |
2014−15 | Oeste | 2º | Suroeste | 1º | 56 | 26 | .683 | — | Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–1 Gañadas Semifinais de Conferencia (Clippers) 4–3 Perdidas Finais de Conferencia (Warriors) 4–1 |
— |
Rexistro histórico
[editar | editar a fonte]Estatística | Vitorias | Derrotas | % vitorias |
---|---|---|---|
San Diego Rockets en Temporada Regular (1968–1971) | 119 | 209 | .363 |
Houston Rockets en Temporada Regular (1971–presente) | 1.892 | 1.668 | .531 |
Total en Temporada Regular (1968–2014) | 2.011 | 1.877 | .517 |
San Diego Rockets en Playoffs (1969) | 2 | 4 | .333 |
Houston Rockets en Playoffs (1975–presente) | 126 | 133 | .483 |
Total en Playoffs (1969–presente) | 128 | 137 | .483 |
Total en Temporada Regular e Playoffs | 2.139 | 2.014 | .515 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Houston Rockets 2023–2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[9]
- Hakeem Olajuwon (26.511)
- Calvin Murphy (17.949)
- Rudy Tomjanovich (13.383)
- Elvin Hayes (11.762)
- Moses Malone (11.119)
- Yao Ming (9.247)
- Robert Reid (8.823)
- Mike Newlin (8.480)
- Otis Thorpe (8.177)
- Cuttino Mobley (7.448)
- Steve Francis (7.281)
- Tracy McGrady (6.888)
- Allen Leavell (6.684)
- James Harden (6.091)
- Vernon Maxwell (6.002)
- Ralph Sampson (5.995)
- Kenny Smith (5.910)
- Luis Scola (5.597)
- Rodney McCray (5.059)
- Sleepy Floyd (5.030)
- Stu Lantz (4.947)
- Lewis Lloyd (4.384)
- Clyde Drexler (4.155)
- Buck Johnson (4.139)
- John Block (4.138)
- Don Kojis (4.037)
- John Lucas II (3.756)
- Kevin Kunnert (3.550)
- Aaron Brooks (3.465)
- Rafer Alston (3.370)
Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[10]
Minutos xogados
- Hakeem Olajuwon (42.844)
- Calvin Murphy (30.607)
- Rudy Tomjanovich (25.714)
- Robert Reid (21.718)
- Elvin Hayes (20.782)
Rebotes
- Hakeem Olajuwon (13.382)
- Elvin Hayes (6.974)
- Moses Malone (6.959)
- Rudy Tomjanovich (6.198)
- Otis Thorpe (5.010)
Asistencias
- Calvin Murphy (4.402)
- Allen Leavell (3.339)
- Hakeem Olajuwon (2.992)
- Mike Newlin (2.581)
- Kenny Smith (2.457)
Roubos
- Hakeem Olajuwon (2.088)
- Calvin Murphy (1.165)
- Allen Leavell (929)
- Robert Reid (881)
- Steve Francis (619)
Tapóns
- Hakeem Olajuwon (3.740)
- Yao Ming (920)
- Moses Malone (758)
- Ralph Sampson (585)
- Kelvin Cato (431)
Basketball Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Membros do Basketball Hall of Fame dos Houston Rockets | ||||
Xogadores | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
2 4 |
Rick Barry | A | 1978–80 | 1987 |
11 44 |
Elvin Hayes | P | 1968–72 1981–84 |
1990 |
23 | Calvin Murphy | B | 1970–83 | 1993 |
24 | Moses Malone | P | 1976–82 | 2001 |
22 | Clyde Drexler 1 | E | 1995–98 | 2004 |
4 | Charles Barkley 2 | AP | 1996–00 | 2006 |
34 | Hakeem Olajuwon | P | 1984–01 | 2008 |
33 | Scottie Pippen 3 | A | 1998–99 | 2010 |
50 | Ralph Sampson | P | 1983–87 | 2012 |
55 | Dikembe Mutombo | P | 2004–09 | 2015 |
Adestradores | ||||
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
– | Alex Hannum | Adestr. | 1969–71 | 1998 |
– | Tex Winter | Adestr. | 1971–73 | 2011 |
- Notas:
- 1 En total, Drexler foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro do Equipo Olímpico de 1992.
- 2 En total, Barkley foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro do Equipo Olímpico de 1992.
- 3 En total, Pippen foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro do Equipo Olímpico de 1992.
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polos Houston Rockets | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | Data de retiro do Nº |
---|---|---|---|---|
22 | Clyde Drexler | E | 1995–98 | 3 de febreiro de 2000 |
23 | Calvin Murphy | B | 1970–83 | 17 de marzo de 1984 |
24 | Moses Malone | P | 1976–82 | 19 de abril de 1998 |
34 | Hakeem Olajuwon | P | 1984–01 | 9 de novembro de 2002 |
45 | Rudy Tomjanovich | A | 1970–81 | 28 de xaneiro de 1982 |
CD | Carroll Dawson | − | 1979–07 | 16 de abril de 2007 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
Xogador Defensivo do Ano
|
Primeiro equipo defensivo
Segundo equipo defensivo
|
Primeiro Equipo All-Rookie
Segundo Equipo All-Rookie
|
Participacións no All-Star Weekend
[editar | editar a fonte]
|
Adestrador do All-Star Game da NBA
MVP do All-Star Game da NBA
Campión do Concurso de Triplas
Campión do Concurso de Habilidades
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]# | Nome | Anos | Tempada regular | Playoffs | Logros | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P | V | D | % | P | V | D | % | |||||||||
San Diego Rockets | ||||||||||||||||
Jack McMahon | ||||||||||||||||
Alex Hannum | ||||||||||||||||
Houston Rockets | ||||||||||||||||
Tex Winter | ||||||||||||||||
Johnny Egan | ||||||||||||||||
Tom Nissalke | Adestrador do Ano da NBA (1976–77) | |||||||||||||||
Del Harris | ||||||||||||||||
Bill Fitch | Incluído nos 10 mellores adestradores da historia da NBA | |||||||||||||||
Don Chaney | Adestrador do Ano da NBA (1990–91) | |||||||||||||||
Rudy Tomjanovich | Dous títulos da NBA (1994, 1995) | |||||||||||||||
Jeff Van Gundy | ||||||||||||||||
Rick Adelman | Cuarta xeira de vitorias máis longa da historia da NBA | |||||||||||||||
Kevin McHale | ||||||||||||||||
J. B. Bickerstaff |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Owners, fans waited years before Rockets took off". Chron (en inglés). 16 de setembro de 2001. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ "A Roundup Of The Sports Information Of The Week". Sports Illustrated (en inglés). 25 de marzo de 1968. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ Varga, George (9 de setembro de 2008). "Arm of entertainment giant taking over at Sports Arena". The San Diego Union-Tribune (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Horton, Marianne (2005). "Lakewood Church Set to Open Doors". H Texas (en inglés). Archived from the original on 09 de outubro de 2007. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Creamer, Chris. "San Diego Rockets Logos". Sports Logos (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 Creamer, Chris. "Houston Rockets Logos". Sports Logos (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Going Retro: Houston Rockets". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ Hlavaty, Craig (16 de agosto de 2010). "Mascoty School: How To Entertain, and What About Having To Pee?". Houston Press (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ "Rockets: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015.
- ↑ "Houston Rockets Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial Houston Rockets
- Toyota Center Arquivado 08 de abril de 2013 en Wayback Machine.