MVP da Tempada da NBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MVP da tempada da NBA")

O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.

Características[editar | editar a fonte]

A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos de Estados Unidos e Canadá. A votación é realizada por 125 membros;[1] tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.

Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.

O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nacido en Johannesburgo (Suráfrica) aínda que criado en Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Xogador activo
Elixido no Basketball Hall of Fame
NOME (X) Cantidade de veces que o xogador foi galardoado co MVP até ese ano
Bob Cousy gañou o premio na temporada 1956-57.
Wilt Chamberlain gañou o MVP catro veces na súa carreira.
Kareem Abdul-Jabbar gañou o premio en seis ocasións, o máximo na historia da NBA.
Michael Jordan gañou o premio cinco veces ao longo da súa carreira.
Lebron James gañou o premio en catro ocasións.
Stephen Curry gañou o premio en 2014-15.
Tempada Xogador Nacionalidade Equipo
1955–56 Bob Pettit Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1956–57 Bob Cousy Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1957–58 Bill Russell Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1958–59 Bob Pettit Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1959–60 Wilt Chamberlain Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia Warriors
1960–61 Bill Russell (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1961–62 Bill Russell (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1962–63 Bill Russell (4) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1963–64 Oscar Robertson Estados Unidos de América Estados Unidos Cincinnati Royals
1964–65 Bill Russell (5) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1965–66 Wilt Chamberlain (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1966–67 Wilt Chamberlain (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1967–68 Wilt Chamberlain (4) Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1968–69 Wes Unseld Estados Unidos de América Estados Unidos Baltimore Bullets
1969–70 Willis Reed Estados Unidos de América Estados Unidos New York Knicks
1970–71 Kareem Abdul-Jabbar Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1971–72 Kareem Abdul-Jabbar (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1972–73 Dave Cowens Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1973–74 Kareem Abdul-Jabbar (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1974–75 Bob McAdoo Estados Unidos de América Estados Unidos Buffalo Braves
1975–76 Kareem Abdul-Jabbar (4) Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1976–77 Kareem Abdul-Jabbar (5) Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1977–78 Bill Walton Estados Unidos de América Estados Unidos Portland Trail Blazers
1978–79 Moses Malone Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1979–80 Kareem Abdul-Jabbar (6) Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1980–81 Julius Erving Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1981–82 Moses Malone (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1982–83 Moses Malone (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1983–84 Larry Bird Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1984–85 Larry Bird (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1985–86 Larry Bird (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1986–87 Magic Johnson Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1987–88 Michael Jordan Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1988–89 Magic Johnson (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1989–90 Magic Johnson (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1990–91 Michael Jordan (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1991–92 Michael Jordan (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1992–93 Charles Barkley Estados Unidos de América Estados Unidos Phoenix Suns
1993–94 Hakeem Olajuwon Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1994–95 David Robinson Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
1995–96 Michael Jordan (4) Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1996–97 Karl Malone Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1997–98 Michael Jordan (5) Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1998–99 Karl Malone (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1999–00 Shaquille O'Neal Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2000–01 Allen Iverson Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
2001–02 Tim Duncan Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2002–03 Tim Duncan (2) Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2003–04 Kevin Garnett Estados Unidos de América Estados Unidos Minnesota Timberwolves
2004–05 Steve Nash Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2005–06 Steve Nash (2) Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2006–07 Dirk Nowitzki Alemaña Alemaña Dallas Mavericks
2007–08 Kobe Bryant Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2008–09 LeBron James Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2009–10 LeBron James (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2010–11 Derrick Rose Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
2011–12 LeBron James (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2012–13 LeBron James (4) Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2013–14 Kevin Durant Estados Unidos de América Estados Unidos Oklahoma City Thunder
2014–15 Stephen Curry Estados Unidos de América Estados Unidos Golden State Warriors

Maior número de galardóns[editar | editar a fonte]

En negra xogadores en activo.
No. Xogador
6 Kareem Abdul-Jabbar
5 Michael Jordan
Bill Russell
4 Wilt Chamberlain
LeBron James
3 Larry Bird
Magic Johnson
Moses Malone
2 Tim Duncan
Karl Malone
Steve Nash
Bob Pettit

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]