Steven Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steven Adams
Kevin Seraphin Steven Adams.jpg
Steven Adams (dereita)
Oklahoma City Thunder – No. 12
Pivote
Información persoal
Nacemento 20 de xullo de 1993 (26 anos)
Flag of New Zealand.svg Rotorua
Nacionalidade Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto Rotorua Lakes
(Rotorua, New Zealand)
Scots College
(Wellington, New Zealand)
Notre Dame Prep
(Fitchburg, Massachusetts)
Universidade Pittsburgh (2012–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 12

Por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Wellington Saints (2011-presente)
Oklahoma City Thunder (2013-presente)
Información en nba.com

Steven Funaki Adams, nado o 20 de xullo de 1993 en Rotorua, é un xogador neozelandés de baloncesto profesional que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Nova Zelandia[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2011, Adams fichou polos Wellington Saints para disputar a tempada 2011 da NBL neozelandesa, onde axudou ós Saints a gañar o título da NBL, e conseguiu o premio ó Rookie do Ano.

NBA[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Adams foi elixido na 12ª posición do Draft de 2013 polos Oklahoma City Thunder, converténdose no primeiro neozelandés en ser escollido na primeira rolda dun Draft da NBA.[1] O 12 de xullo de 2013, Adams asinou cos Thunder.[2] O 8 de novembro de 2013, conseguiu o seu primeiro dobre-dobre, ó facer 17 puntos e 10 rebotes na vitoria dos Thunder por 119-110 sobre os Detroit Pistons. O 22 de maio de 2014, foi escollido no segundo mellor equipo de rookies da tempada 2013-14.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Golliver, Ben (27 de xuño de 2013). "Steven Adams selected No. 12 by Thunder in NBA draft". SI.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  2. "Thunder Signs Steven Adams and Andre Roberson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013. 
  3. "Steven Adams Named to All-Rookie Second Team". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 22 de maio de 2014. Consultado o 27 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]