Canuto o Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canuto o Grande
Nacemento994
Lugar de nacementoDinamarca
Falecemento12 de novembro de 1035
Lugar de falecementoShaftesbury
Soterradocatedral de Winchester
NacionalidadeDinamarca e Império do Mar do Norte
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca e escritor
PaiSvend I da Dinamarca
NaiGunhilda
CónxuxeElgiva de Northampton e Ema da Normandia
FillosSvein Knutsson, Haroldo I de Inglaterra, Canuto II de Inglaterra, Gunhilda da Dinamarca e unknown daughter (?)
IrmánsGyda Svendsdatter, Estrid Svendsdatter, Haroldo II da Dinamarca e Olavo da Suécia
Na rede
WikiTree: Svendsson-22 Find a Grave: 8722 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Canuto o Grande (en inglés: Cnut the Great,[1] en nórdico antigo: Knútr inn ríki), nado no ano 995 e finado en Shaftesbury no 1035 foi o rei viquingo dos reinos de Dinamarca (como a Canuto II, 1018-1035), Inglaterra (Canuto I, 1017-1035) e Noruega (1029-1035).[2] Os seus éxitos como estadista e militar convertérono nunha das figuras máis destacadas do seu tempo até o punto que algúns historiadores chamárono o Emperador do Norte.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi proclamado rei en Londres, facéndose soberano de Inglaterra, contra a que seu pai Sven dirixira unha expedición nas súas guerras contra os anglosaxóns. Casado con Enma, a viúva do monarca anglosaxón Etelredo II, por influencia desta convértese ao cristianismo e reedifica igrexas e mosteiros destruídos polos viquingos. Eríxese tamén en defensor dos desvalidos. Repartiu terras entre o seu séquito e establece novos ducados.

Trala morte do seu irmán Harold, foi proclamado rei de Dinamarca. No ano 1027 viaxou a Roma para asistir á coroación do Emperador Conrado II. Alí chegou a un acordo co Papa Bieito VIII, quen lle garantiu a seguridade dos peregrinos e lle concedeu unha diminución dos gravames sobre a xerarquía eclesiástica anglosaxoa.

En 1028 conquistou Noruega e dominou boa parte de Suecia, sendo coñecido como defensor de Irlanda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bolton, The Empire of Cnut the Great: Conquest and the Consolidation of Power in Northern Europe in the Early Eleventh Century (Leiden, 2009)
  2. Enciclopèdia Catalana: Canut II de Dinamarca (I d'Anglaterra) Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (acceso o 6-3-09).
  3. Trow, Cnut, páx. 0-260