Saltar ao contido

Iron Maiden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iron Maiden
Actuación do grupo Iron Maiden
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1975 - presente
Xénero(s)heavy metal
Selo(s) discográfico(s)EMI
MembrosBruce Dickinson
Dave Murray
Adrian Smith
Janick Gers
Steve Harris
Nicko McBrain
Antigos membrosPaul Dianno
Terry Rance
Ron "Rebel" Matthews
Dennis Wilcock
Bob Sawyer
Terry Wapram
Thunderstick
Tony Moore
Doug Sampson
Paul Todd
Paul Cairns
Tony Parsons
Dennis Stratton
Clive Burr
Blaze Bayley
Na rede
ironmaiden.com
IMDB: nm1442043 Facebook: ironmaiden Twitter: ironmaiden Instagram: ironmaiden MySpace: ironmaiden Youtube: UCaisXKBdNOYqGr2qOXCLchQ TikTok: ironmaiden Souncloud: ironmaidenmusic Spotify: 6mdiAmATAx73kdxrNrnlao iTunes: 546381 Last fm: Iron+Maiden Musicbrainz: ca891d65-d9b0-4258-89f7-e6ba29d83767 Songkick: 438390 Discogs: 251595 Allmusic: mn0000098465 Deezer: 931 Genius: Iron-maiden Editar o valor en Wikidata

Iron Maiden é unha banda inglesa de heavy metal, orixinaria de Leyton, no East End de Londres.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A banda foi formada en 1975 polo baixista Steve Harris, un antigo membro de Gypsy's Kiss e Smiler. Iron Maiden é unha das máis exitosas e influentes bandas do New wave of British heavy metal. A banda gañou o Premio Ivor Novello polos seus logros internacionais en 2002. Tamén se lles introduciu no Hollywood's Rock Walk durante a súa xira polos Estados Unidos en 2005. Esta banda é considerada por moitos a mellor banda de Heavy Metal da historia.

O nome fai referencia á "dama de ferro", un instrumento de tortura. A historia de Iron Maiden comeza en 1974, cando Steve Harris con 15 anos de idade, inspirado por Wishbone Ash, Black Sabbath, Free, Yes, FM, Jethro Tull e Genesis, comprou un baixo Telecaster por unhas 40 libras. Steve inicialmente tivo a ilusión de ser xogador de fútbol do West Ham, con todo, había unha chea de xogadores de gran calidade e só uns poucos chegaban a ser profesionais. A pesar diso, el continuou adestrando. Tras meditalo seriamente, perdeu todas as esperanzas de ser algún día un xogador profesional, así que comezou a dedicar todos os seus esforzos á súa outra gran paixón: a música. Isto conduciu á formación dunha banda que chamou "Influence", e que posteriormente pasaría a chamarse Gypsy´s Kiss.

Membros actuais

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Data de lanzamento Título Selo Clasificación de vendas
14 de abril de 1980 Iron Maiden Capitol Records #4 (UK)
1981 Killers Capitol Records #12 (UK), #78 (US)
29 de marzo de 1982 The Number of the Beast EMI #1 (UK), #33 (US)
1983 Piece of Mind EMI #3 (UK), #14 (US)
setembro de 1984 Powerslave EMI #2 (UK), #21 (US)
setembro de 1986 Somewhere in Time EMI #3 (UK), #11 (US)
abril de 1988 Seventh Son of a Seventh Son EMI #1 (UK), #12 (US)
8 de outubro de 1990 No Prayer for the Dying EMI #2 (UK), #17 (US)
12 de maio de 1992 Fear of the Dark Epic Records # 1 (UK), #12 (US)
2 de outubro de 1995 The X Factor CMC International # 8 (UK), #147 (US)
23 de marzo de 1998 Virtual XI CMC International #16 (UK), #124 (US)
30 de maio de 2000 Brave New World Sony #7 (UK), #39 (US)
8 de setembro de 2003 Dance of Death Columbia Records #2 (UK), #18 (US)
28 de agosto de 2006 A Matter of Life and Death EMI, Sanctuary #4 (UK), #9 (US)
2010 The Final Frontier EMI
2015 The Book of Souls Parlophone
2021 Senjutsu Parlophone

Álbums en directo

[editar | editar a fonte]
Data de lanzamento Título Selo Clasificación de vendas
1980 Live+One Capitol Records
1981 Maiden Japan Capitol Records
14 de outubro de 1985 Live After Death Capitol Records #2 (UK), #19 (US)
22 de marzo de 1993 A Real Live One Capitol Records #3 (UK), #106 (US)
19 de outubro de 1993 A Real Dead One Capitol Records #12 (UK), #140 (US)
8 de novembro de 1993 Live at Donington EMI #23 (UK)
26 de marzo de 2002 Rock In Rio EMI #15 (UK), #186 (US)
30 de agosto de 2005 Death on the Road EMI #22 (UK)

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
Data de lanzamento Título Selo
1990 The First Ten Years EMI
1995 The Story So Far (Part One) EMI
1995 The Story So Far (Part Two) EMI
24 de setembro de 1996 Best of the Beast (Dispoñíbel en tres formatos: 1 CD, 2 CD ou 4 LP) Raw Power
1998 Eddie's Head EMI
xullo de 1999 Ed Hunter (Pack dobre CD/Xogo de PC) EMI
5 de novembro de 2002 Edward the Great EMI
2002 Eddie's Archive (Edición especial de conxunto limitado e numerado que consta de 3 álbums dobres: Best of the B-Sides, BBC Archives e Beast Over Hammersmith, ademais de regalos) EMI
5 de xullo de 2005 The Essential Iron Maiden (Só en Norte-América) Epic Records
2005 Edward the Great (Relanzamento do recompilatorio de 2002, substituíndo un dos temas por un tema en directo do tour de 2005) EMI

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.