Enrique Iglesias
Enrique Iglesias | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Enrique Miguel Iglesias Preysler |
Data nacemento | 8 de maio de 1975 |
Nado en | Madrid |
Fillos | Lucy Iglesias, Nicholas Iglesias e Mary Iglesias |
Irmáns | Julio Iglesias, Jr., Chábeli Iglesias, Tamara Falcó Preysler e Ana Boyer Preysler |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Pop, R&B |
Tempo en activo | 1995 - presente |
Na rede | |
www.enriqueiglesias.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Enrique Miguel Iglesias Preysler, máis coñecido como Enrique Iglesias, nado en Madrid o 8 de maio de 1975, é un cantautor e produtor español.
Coñecido como "O Rei do Pop Latino", vendeu máis de 60 millóns de discos ao redor do mundo, sendo así un dos máximos expoñentes da música, actualmente. É fillo do cantante español Julio Iglesias e da condutora de televisión e xornalista filipina Isabel Preysler.
Enrique Iglesias comezou a súa traxectoria profesional en 1995 ao asinar un contrato co selo discográfico Fonovisa, da empresa Televisa, que impulsou a súa carreira nos seus inicios. Ao terminar este contrato en 2000, Iglesias conseguiu asinar un novo para realizar con Universal Music os discos en español, e con Interscope Records os discos en inglés. O ano seguinte, o cantante comezou a incursionar no mercado da música en inglés.
Ata o momento 20 dos seus temas chegaron ao #1 das listas do Billboard Hot Latin Tracks, ademais conseguiu 2 sinxelos #1, no Billboard Hot 100, para un total de 22 Números Un tanto no mercado Latino como no anglosaxón nos Estados Unidos.[1]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Enrique Iglesias (1995)
- Vivir (1997)
- Cosas del Amor (1998)
- Enrique (1999)
- Escape (2001)
- Quizás (2002)
- 7 (2003)
- Insomniac (2007)
- Enrique Iglesias: 95/08 éxitos (2008)
- Greatest Hits (2008)
- Euphoria (2010)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Record histórico billboard". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2008. Consultado o 26 de xuño de 2010.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Iglesias |