Saltar ao contido

Kylie Minogue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKylie Minogue

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-au) Kylie Ann Minogue Editar o valor en Wikidata
28 de maio de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Melbourne, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónCamberwell High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,52 m Editar o valor en Wikidata
Peso102 lb Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, emprendedora, compositora, actriz, cantautora, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, pop dance, Nu-disco (pt) Traducir, electropop, música electrónica, Art pop (pt) Traducir, R&B contemporáneo e bubblegum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado90.000.000 A$ Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
Warner Bros. Records
Festival Records
Bertelsmann Music Group
Pete Waterman Entertainment (pt) Traducir
Warner Music Australia (pt) Traducir
Warner Records
Geffen Records
Astralwerks
Parlophone
Warner Music Group
Mushroom Records (pt) Traducir
Capitol Records
Deconstruction Records (pt) Traducir
BMG Rights Management Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaClément Sibony (2014–2015)
Andrés Velencoso (2008–2013)
Olivier Martinez (2003–2007) Editar o valor en Wikidata
IrmánsDannii Minogue Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkylie.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001541 Allocine: 21287 Rottentomatoes: celebrity/kylie_minogue Allmovie: p197071 Metacritic: person/kylie-minogue TV.com: people/kylie-minogue
Facebook: kylieminogue Twitter: kylieminogue Instagram: kylieminogue Tumblr: kylieminogue MySpace: kylieminogue Youtube: UCyd8nl1opqfEVwJer32vURA TikTok: kylieminogue BNE: XX1033169 Souncloud: kylie-minogue-official Spotify: 4RVnAU35WRWra6OZ3CbbMA iTunes: 465031 Last fm: Kylie+Minogue Musicbrainz: 2fddb92d-24b2-46a5-bf28-3aed46f4684c Songkick: 345678 Discogs: 13608 Allmusic: mn0000776093 WikiTree: Minogue-36 Deezer: 479 Genius: Kylie-minogue Editar o valor en Wikidata

Kylie Minogue, nada en Melbourne o 28 de maio de 1968, é unha cantante de música pop australiana. Leva vendidos máis de 60 millóns de discos ao longo da súa carreira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia dedicada ao teatro, o que lle levou nos seus inicios a participar en varias series da televisión australiana. O seu principal traballo foi na serie Neighbours, unha das de maior éxito naquel país. Mentres traballaba nesta serie, xurdiulle a oportunidade de gravar o tema "The Loco-Motion", para Mushroom Records. O resultado foi tan bo, que editaron un sinxelo que saíu á venda e o tema permaneceu durante sete semanas como número un das listas australianas.

Alcanzou a fama a finais dos anos 80 como resultado do seu papel na serie de televisión australiana Neighbours (Veciños), antes de comezar a súa carreira como cantante pop e artista. A súa irmá, Dannii Minogue, tamén é cantante.

Logo de asinar un contrato cos compositores e produtores discográficos Stock, Aitken e Waterman, Minogue conseguiu unha cadea de éxitos a nivel internacional, pero a súa popularidade empezou a declinar a comezos dos anos 90, levándoa a separarse da compañía de Stock, Aitken e Waterman en 1992. Durante varios anos intentou establecerse como intérprete e compositora independente, distanciándose dos seus traballos iniciais. Durante esta etapa de exploración persoal, colaborou coa banda australiana Nick Cave & The Bad Seeds coa canción "Where the Wild Roses Grow", que tivo grande éxito en Australia.

No ano 2000, volveu á popularidade como artista dance-pop. Co seu regreso ao número 1 das listas co seu sinxelo "Spinning Around" e a súa presentación nas Olimpíadas do 2000, Kylie e Madonna convertéronse nas únicas cantantes femininas en ter números 1 nos anos 80, 90 e 2000.

En Australia ostenta o récord de maior número de entradas de concerto vendidas por unha intérprete feminina, e foi a única en colocar nove singles no posto número un das listas australianas. No ano 2002 o seu álbum Fever chegou a multiplatino mundial e levou a cabo o seu tour "KylieFever2002".

No ano 2003 Kylie regresou con novo álbum; despois do sinxelo "Slow" (cuxa coautora foi a cantante islandesa Emilíana Torrini), o álbum chegou a vender máis de 2 millóns de copias. En 2004 gañou o Grammy na categoría 'Best Dance Recording' pola súa canción "Come Into My World".

Para celebrar 17 anos de carreira musical Kylie sacou á venda Ultimate Kylie unha compilación coas cancións que marcaron a súa carreira durante as últimas 2 décadas.

En novembro de 2007, Kylie publicou o seu décimo álbum de estudio, X, e o seu primeiro single, "2 Hearts", foi todo un éxito nas listas de vendas, incluído a española, onde chegou ao número 1 dos singles máis vendidos durante máis dun mes.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Kylie (1988)
  • Enjoy Yourself (1989)
  • Rhythm of Love (1990)
  • Let's Get to It (1991)
  • Greatest Hits (1992)
  • Kylie Minogue (1994)
  • Impossible Princess (1997)
  • Intimate And Live (1998)
  • Light Years (2000)
  • Fever (2001)
  • Body Language (2003)
  • Ultimate Kylie (2005)
  • ShowGirl Homecoming Live In Sydney (2007)
  • X (2007)
  • Aphrodite (2010)
  • Kiss Me Once (2014)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]