Nightwish
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Nightwish | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Composto por
Jukka Koskinen baixista (agosto de 2022 - )
Kai Hahto batería (2014 - ) Floor Jansen cantante principal (2013 - ) Troy Donockley (pt) Anette Olzon cantante principal (2007 - 2012) Marco Hietala (pt) Marco Hietala (pt) Sami Vänskä (pt) Erno Vuorinen (pt) Jukka Nevalainen (pt) Tuomas Holopainen cantante (1996 - 1998) Tarja Turunen cantante principal (1996 - 2005) Erno Vuorinen (pt) Tuomas Holopainen teclista, pianista, intérprete de sintetizador (1996 - ) | |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Premios | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Nightwish é un grupo de Power Metal, procedente de Kitee, Finlandia.
Historia
[editar | editar a fonte]Nightwish nace en xullo de 1996, durante unha saída de camping de Tuomas Holopainen cos seus amigos Tarja Turunen (por entón unha novata soprano da Jan Sibelius Academy de Helsinqui) e Erno Vuorinen "Emppu". Tempo despois unirase á banda Jukka Nevalainen.
Durante a primeira metade de 1997, asinan contrato con Spinefarm Records e gravan unha demo de 7 cancións, que máis tarde formarían parte de Angels Fall First, primeiro disco da banda. No segundo semestre dese ano gravaron outras 4 cancións e publicaron o sinxelo titulado "The Carpenter", todo un éxito de vendas en Finlandia. Finalmente, a comezos de novembro, sae ó mercado Angels Fall First, con idéntico resultado.
A comezos de 1998, debido a unha notoria carencia dun baxista estábel, únese ó grupo Sami Vänskä e coménzase a gravación do seu segundo traballo titulado Oceanborn (segundo os fans, o disco de referencia do grupo) que sae ó mercado en decembro dese mesmo ano. Figurando como número 1 nas listas de vendas do país.
A comezos do 2000 a agrupación finesa volta ós estudios e comeza a traballar no seu terceiro disco Wishmaster, traballo que se ve interrompido cando o grupo se presenta para representar ó seu país no Festival de Eurovision coa canción Sleepwalker, no que quedarían en segundo posto. Tras iso, sae á venda Wishmaster, outro éxito de vendas e disco de ouro ás poucas semanas do seu lanzamento.
Para o ano 2001 Nightwish comeza a gravar un cover do tema de Gary Moore Over The Hills And Far Away ademais doutras cancións propias (Tenth Man Down e Away) para compretar o EP titulado Over The Hills And Far Away que tamén incluiría seis cancións gravadas en directo e unha nova versión de Astral Romance.
Nesta época, por diferenzas de pareceres, Sami Vänskä é substituído por Marco Hietala (antigo membro de Sinergy)
No 2002 aparece Century Child álbum no que se pode apreciar claramente a influencia do Black Metal do novo baxista, dotando ó disco dunha gran forza, sobre todo no acompañamento nas voces.
No 2003 a banda entra nun gran receso, debido a que Tarja Turunen contrae matrimonio co arxentino Marcelo Cabuli e comeza a estudar canto lírico en Alemaña (o que puxo en perigo a continuidade do grupo) como tamén influíu que Jukka Nevalainen e a súa moza Satu tivesen unha filla.
No ano 2004 os fanáticos de Nightwish viron rencompensada a súa paciencia coa saída á venda do agardado quinto álbum da banda Once (no que retoman a súa veta sinfónica acompañada dunha boa dose de metal). O resultado: o mesmo día do lanzamento converteuse en disco de ouro en Finlandia. Co novo álbum, Nightwish asina contrato coa casa discográfica Nuclear Blast o que influíu nunha mellora considerabel na comercialización deste disco a nivel internacional. Na xira dese mesmo ano, só nos concertos de Alemaña, Suíza e Austria, venderon máis de 50.000 entradas.
O 21 de outubro do ano 2005 despois do concerto no Hartwall Areena de Finlandia que se empregará para facer o DVD End of an Era, os outros catro integrantes da banda entregáronlle unha carta a Tarja dicíndolle que xa non contaban con ela para continuar con Nightwish. As razóns expostas foron a súa suposta actitude de diva e o interese polo diñeiro sobre outras cousas. A carta foi publicada o día seguinte na páxina oficial da banda. en inglés
Membros
[editar | editar a fonte]- Tarja Turunen - Voces (dende 1996 ata End of an Era (2005))
- Tuomas Holopainen - Teclado
- Erno "emppu" Vuorinen - Guitarra
- Sami Vänskä - Baixo (dende Oceanborn (1998) ata Over The Hills And Far Away (2001))
- Marco Hietala - Baixo (dende Century Child (2002) ata a actualidade)
- Jukka Nevalainen - Batería
- Floor Jansen - Cantante dende o 2013.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Angels Fall First | 1997 | Spinefarm Records |
| Oceanborn | 1998 | Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory |
| Wishmaster | 2000 | Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory, Century Media |
| Century Child | 2002 | Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory, Century Media |
| Once | 2004 | Spinefarm, Nuclear Blast, Roadrunner |
| Dark Passion Play | 2007 | Spinefarm, Nuclear Blast, Roadrunner |
| Imaginaerum | 2011 | Nuclear Blast, Roadrunner |
| Endless Forms Most Beautiful | 2015 | Nuclear Blast, Roadrunner |
| Human. :II: Nature. | 2020 | Nuclear Blast |
| Yesterwynde | 2024 | Nuclear Blast |
EPs
[editar | editar a fonte]- Over The Hills And Far Away - 2001
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- The Carpenter - 1997
- Sacrament Of Wilderness - 1998
- Walking In The Air - 1999
- Sleeping Sun (Four Ballads Of The Eclipse) - 1999
- Deep Silent Complete - 2000
- Over The Hills And Far Away - 2001
- Ever Dream - 2002
- Bless The Child - 2002
- Nemo - 2004
- Wish I Had An Angel - 2004
- Kuolema Tekee Taiteilijan - 2004
- The Siren - 2005
- Sleeping Sun - 2005
- Eva - 2007
- Amaranth - 2007
- Erämään viimeinen - 2007
- Bye Bye Beautiful - 2008
- The Islander - 2008
- Storytime - 2011
- The Crow, the Owl and the Dove - 2012
- Élan - 2015
- Endless Forms Most Beautiful - 2015
- Noise - 2020
- Harvest - 2020
DVDs
[editar | editar a fonte]Recompilacións
[editar | editar a fonte]Versións
[editar | editar a fonte]- "Where Were You Last Night" de Ankie Bagger
- "High Hopes" (directo) de Pink Floyd
- "Phantom of the Opera" de Andrew Lloyd Webber
- "Symphony of Destruction" (directo) de Megadeth
- "Over the Hills and Far Away" de Gary Moore
- "Walking in the Air" de Howard Blake
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nightwish |
- Páxina oficial, en finlandés, inglés e alemán
- Páxina oficial de Tarja Turunen Arquivado 20 de maio de 2013 en Wayback Machine.