Ganso campestre
Ganso campestre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ganso campestre adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Anser fabalis' (Brisson, 1760) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Anser fabalis fabalis |
O ganso campestre (Anser fabalis) é unha especie de ave anseriforme da familia das Anatidae e nativa de Europa.
Descrición[editar | editar a fonte]
Caracterízase pola súa cor parda clara ventral, dorso escuro bandeado e polas súas patas laranxas. Mide uns 70 cm de lonxitude e 1,5 m de envergadura; pesa arredor de 3 kg.
Alimentación[editar | editar a fonte]
Aliméntase de herba, cereais e raíces en campos arados; por iso está moi ligado ás zonas agrarias.
Reprodución[editar | editar a fonte]
Aniña no chan, nun burato cuberto por plumas en explanadas abertas ou en claros de bosque. Pon unha única niñada de 4 a 6 ovos polo mes de xuño. Cría no norte de Escandinavia, en charcas da tundra. No inverno adoita asentarse nos arredores do mar do Norte.
Comportamento[editar | editar a fonte]
Trátase dun ganso gregario que adoita regresar ós mesmo lugares de descanso, en lagos e campos de cultivo. É común velo formando bandadas. O seu estado de conservación é pouco preocupante.
Posúe un canto tipo trompeta, de dúas sílabas ou tres.
Subespecies[editar | editar a fonte]
Distínguense tres subespecies de Anser fabalis:[1]
- Anser fabalis fabalis.
- Anser fabalis johanseni
- Anser fabalis middendorffii
Notas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ganso campestre |