Holanda Setentrional
Holanda Setentrional | |||
---|---|---|---|
Noord-Holland | |||
| |||
Lema: De provincie doet méér dan u denkt... A provincia fai máis do que pensas... | |||
Himno: Ik houd van het groen in je wei | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Haarlem | ||
• Poboación | 147 613 (2008) | ||
Cidade máis poboada | Ámsterdan | ||
Lingua oficial | Neerlandés | ||
Forma de goberno | Provincie | ||
Comisario da Raíña | Johan Remkes (VVD) | ||
Fundación | 1840 | ||
Superficie | Posto 4º | ||
• Total | 4 091,76 km² | ||
• % auga | 35 | ||
Poboación | Posto 2º | ||
• Total | 2 647 149 hab. | ||
• Densidade | 992 hab./km² | ||
Xentilicio | holandés | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .nl | ||
Código ISO | NL-NH | ||
Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Holanda Setentrional é unha gran península entre o Mar do Norte e o IJsselmeer. Máis da metade da provincia consiste en terras gañadas ao mar, ou pólder, situadas baixo o nivel do mar.
As cidades máis grandes da provincia son Ámsterdan, Haarlem, Hilversum, Den Helder, Alkmaar, Zaandam e Hoorn. A illa de Texel é tamén parte de holanda Setentrional, e ten invitado ás illas de Bonaire, Saba e San Eustaquio nas Antillas Neerlandesas para que formen parte do Estado, máis ningunha decisión se ten tomado até o momento.
Holanda Setentrional constitúe unha rexión do sistema de códigos da Organización Internacional para a Estandarización, co código ISO 3166-2: NL-NH.
Historia[editar | editar a fonte]
As provincias de Holanda Setentrional e Holanda Meridional naceron en 1840 da división da antiga provincia de Holanda. En 1940 cedeu as illas de Vlieland e Terschelling á provincia de Frisia. En 1950, a antiga illa de Urk cedeuse á provincia de Overijssel. Na época das Provincias Unidas, a provincia de Holanda recibía o nome de provincia de Holanda e Frisia Occidental, en referencia á conquista desa parte de Frisia na Idade Media. O escudo de Holanda Setentrional aínda consiste nas armas de Holanda e Frisia combinadas.
Municipios[editar | editar a fonte]
Holanda Setentrional divídese en 48 municipios:
1 Municipios de Frisia Occidental
Frisia Occidental[editar | editar a fonte]
Frisia Occidental é unha rexión de Holanda Setentrional (non da provincia de Frisia). Componse dos municipios de Alkmaar, Andijk, Drechterland, Enkhuizen, Harenkarspel, Heerhugowaard, Hoorn, Langedijk, Medemblik, Niedorp, Noorder-Koggenland, Obdam, Opmeer, Schagen, Stede Broec, Wervershoof, Wester-Koggenland e Wognum.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holanda Setentrional ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O Sitio Web da provincia (en neerlandés)
- Información básica
- Mapa da provincia cos seus municipios e ligazóns de cada un a unha páxina con información básica
- Oficina provincial de turismo (en inglés)
- Haarlem Shuffle Sitio con información en inglés sobre a capital provincial de Holanda Setentrional