Elixio Villaverde
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Elixio Villaverde | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1954 |
O Irixo | |
Falecemento | 14 de setembro de 2018 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elixio Villaverde García, nado no Irixo o 6 de abril de 1954, e finado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 2018, foi un historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La emigración gallega a México, 1878-1936, exerceu a docencia nun Instituto. Colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Región e Excelsior (México). Publicou artigos e recensións sobre temas migratorios na Gran Enciclopedia Gallega, Xerme (Caracas), Olláparo, Grial, A Trabe de Ouro. Desde 1973 desenvolveu iniciativas culturais como presidente da asociación Xoves Culturais do Barbanza (1988-1992) e promoveu a revista A Caramecha.
Obras[editar | editar a fonte]
- A Terra de Orcellón e O Irixo, 1986.
- Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia, 1992 (con Xosé Amancio Liñares Giraut).
- Heroes e Mártires. A IIª República e a Guerra Civil no Barbanza, 1996.
- Pioneiros na corrente do golfo, 2001.
- Gallegos en México (1878-1936). Inmigración e sociedade no alén mar, 2003.
Investigacións[editar | editar a fonte]
- O patrimonio cultural galego en México.
- Os galegos no estado e na cidade de Puebla á luz do Rexistro Nacional de Estranxeiros.