Estado de Württemberg
Coordenadas: 48°46′43″N 9°10′46″L / 48.7786, 9.17944
Württemberg (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Stuttgart | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.437.574 (1910) | ||||
Creación | 1083 | ||||
Württemberg foi un estado histórico no sudoeste da actual Alemaña, abranguendo boa parte do moderno land de Baden-Württemberg. A súa capital tradicional era Stuttgart, aínda que ocasionalmente o goberno estivo situado en Ludwigsburg e Urach. O nome do estado e da dinastía orixinouse dunha montaña próxima a Stuttgart-Untertürkheim.
Historia
[editar | editar a fonte]Condado de Württemberg
[editar | editar a fonte]Inicialmente parte do Ducado de Suabia dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, Württemberg foi elevado a condado en 1143. Ao longo dos séculos, expandiuse territorialmente, incluíndo a adición de Stuttgart en 1251 logo do matrimonio do Conde Ulric I con Matilde de Baden. En 1495, o conde Eberhard V fixo que o Condado fose elevado a Ducado na Dieta de Worms.[1]
Ducado de Württemberg
[editar | editar a fonte]Durante o reinado de Ulrico VI (1498-1550), Württemberg viviu revoltas de labregos que protestaban contra os impostos excesivos, e a reforma protestante. O duque foi expulsado polas tropas da Liga de Suabia, por invadir a cidade libre de Reutlingen, e recuperou o poder en 1534 coa axuda do landgrave de Hesse, Filipe I. Despois introduciu a reforma, nun primeiro momento tentando unha síntese das doutrinas de Lutero e Zwingli pero a partir de 1538, cunha doutrina puramente luterana.
O ducado foi dividido e reconstruído varias veces, sufrindo duramente durante a guerra dos Trinta Anos, pero recuperou os seus territorios após a Paz de Westfalia en 1648.
Rama Württemberg-Winnental
[editar | editar a fonte]A rama Württemberg-Winnental tomou relevancia co duque Carlos-Alexandre, quen subiu ao trono en 1733. Carlos-Alexandre, un católico que desenvolvera unha carreira militar destacada, gobernou durante un período de tensións relixiosas e políticas. O seu conselleiro de finanzas, Joseph Süss Oppenheimer, foi nomeado en 1737, xerando unha grande controversia debido ás súas políticas fiscais e á súa relixión xudía. Despois da morte de Carlos-Alexandre en 1737, Oppenheimer foi arrestado e executado nun xuízo cargado de prexuízos antisemitas,[2] e en 1940 foi rodado o filme Jud Süss como propaganda nazi.[3]
Idade contemporánea: reino de Württemberg e Estado Libre
[editar | editar a fonte]En 1805, co ascenso ao poder de Frederico I, derradeiro duque e primeiro rei de Württemberg, o territorio foi convertido en reino grazas á súa alianza con Napoleón Bonaparte. En 1815, tras a caída de Napoleón, Württemberg uniuse á Confederación Xermánica, garantindo a preservación do seu status como reino no Congreso de Viena.[4] Máis tarde, en 1871, integrouse no Imperio Alemán.[5] O derradeiro rei, Guillerme II, abdicou en 1918 despois da Primeira guerra mundial, e Württemberg foi integrado na nova República de Weimar como o Estado Libre Popular de Württemberg.[6]
Período Posguerra
[editar | editar a fonte]Despois da Segunda guerra mundial, Württemberg foi dividido entre as zonas de ocupación estadounidense e francesa, nos länder de Württemberg-Baden e Württemberg-Hohenzollern. En 1952, cando se formou a República Federal de Alemaña fusionáronse para formar o moderno land de Baden-Württemberg.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Dieta de Worms de 1495 foi unha asemblea do Sacro Imperio Romano Xermánico convocada polo emperador Maximiliano I. Durante esta "dieta", o condado de Württemberg foi elevado a ducado, por solicitude do conde Eberhard V. Este evento non debe confundirse coa coñecida Dieta de Worms de 1521, relacionada con Martiño Lutero e a Reforma protestante.
- ↑ Geller, Jay Howard (2020). "The Many Deaths of Jew Süss: Telling the Story of a Jewish Life". Central European History 53 (1): 206–212. ISSN 0008-9389.
- ↑ George, J.R. (1941): Jud Süß. Das Buch zum Film (en alemán). Berlín: Ufa-Buchverlag GmbH.
- ↑ Breuilly, John (2014-06-11). Austria, Prussia and The Making of Germany: 1806-1871 (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-317-86075-4.
- ↑ Wehler, Hans Ulrich (1985). The German Empire, 1871-1918. Leamington Spa, Warwickshire, UK ; Dover, N.H. : Berg Publishers. ISBN 978-0-907582-22-9.
- ↑ Fulbrook, Mary. A Concise History of Germany. Cambridge University Press, 1990.
- ↑ James, Harold (1994). A German Identity: 1770 to the Present Day (en inglés). Phoenix. ISBN 978-1-85799-179-6.