Franconia Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franconia Media
Mittelfranken
Regierungsbezirk de Baviera
Flag of Middle Franconia.svg
Mittelfranken Wappen.svg
Locator map RB Mittelfranken in Bavaria.svg
Situación da Franconia Media en Baviera
Localización
PaísAlemaña
EstadoBaviera
División administrativaFranconia Media
Xeografía
Superficie7 245,70 km²
Demografía
Poboación1 775 169 (2019)[1]
Densidade240 hab./km²
Outros datos
Páxina web oficial

A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[2]

Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado.

A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.[3]

Escudo de armas[editar | editar a fonte]

O escudo de armas da Franconia Media mostra:

División da Franconia bávara[editar | editar a fonte]

O rei Luís I de Baviera dividiu a zona norte do deu reino, a Franconia bávara, en tres zonas: a Alta Franconia, a Franconia Media e a Baixa Franconia.[Cómpre referencia]

Divisións da Franconia Media[editar | editar a fonte]

A Franconia Media subdivídese en cinco cidades-distrito (Kreisfreiestadt) e sete distritos (Landkreise):[7]

Cidades-distrito[editar | editar a fonte]

  1. Ansbach
  2. Erlangen
  3. Fürth
  4. Núremberg
  5. Schwabach

Distritos[editar | editar a fonte]

  1. Ansbach
  2. Erlangen-Höchstadt
  3. Fürth
  4. Neustadt an der Aisch-Bad Windsheim
  5. Nürnberger Land
  6. Roth
  7. Weißenburg-Gunzenhausen

Xeografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Ano Habitantes
1900 815 895
1910 930 868
1939 1 065 122
1950 1 273 030
1961 1 371 144
1970 1 486 389
1987 1 521 484
2002 1 703 869
2005 1 712 275
2006 1 712622
2008 1 714 453
2010 1 710876
2015 1 738 686
2019 1 775 169

Ríos[editar | editar a fonte]

Lagos[editar | editar a fonte]

Montañas[editar | editar a fonte]

O Xura de Franconia (Fränkische Alb) é unha cordillera que se estende ao longo do oeste da Franconia Media. A montaña máis alta é o Hesselberg con 689 m no suroeste da cordilleira. Ademais o Moritzberg, cerca de Núremberg.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Luís I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Rezatkreis cambiou a Franconia Media.

Economía[editar | editar a fonte]

O oeste da Franconia Media é sobre todo rural. A industria concéntrase no leste da rexión e principalmente en Núremberg, Fürth, Erlangen e Schwabach. Segundo o PIB, a Franconia Media é unha das rexións máis ricas da Unión Europea, co índice de 137,2 (en 2004). (EU27: 100, Alemaña: 115,8).[8]

Principais industrias[editar | editar a fonte]

  • Adidas
  • Apollo-Optik
  • Areva
  • AEG Hausgeräte
  • Bosch
  • Bruder Spielwaren
  • DATEV eG
  • Diehl Stiftung
  • dialo.de
  • Faber-Castell
  • Frankenpilger
  • Geobra Brandstätter GmbH & Co. KG (Playmobil)
  • GfK
  • HOB
  • Schaeffler Gruppe
  • KarstadtQuelle AG
  • KarstadtQuelle Versicherungen
  • Leoni AG
  • Loos International
  • MAN AG
  • Nestlé Schöller
  • Novartis
  • Nürnberger Versicherungsgruppe
  • Oechsler AG
  • Prinovis
  • Puma
  • Schafft (Bifi)
  • Schanzenbräu
  • Schwan-Stabilo
  • Sielaff
  • Siemens AG
  • Simba-Dickie-BIG
  • Staedtler
  • Uvex
  • Wilisch & Sohn GmbH
  • Triumph-Adler

Transporte[editar | editar a fonte]

Tráfico aéreo[editar | editar a fonte]

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

Autoestradas[editar | editar a fonte]

  • A3 (Fráncfort del Meno)–Wurzburgo–Núremberg−(Passau–Viena)
  • A6 (Heilbronn)–Ansbach–Núremberg–(Amberg–Waidhaus–Pilsen)
  • A7 (Hamburgo–Wurzburgo)–Rothenburg ob der Tauber–(Ulm–Füssen)
  • A9 (Berlín)–Núremberg–(Múnic)
  • A73 Núremberg–Fürth–Erlangen–(Bamberg–Coburg–Erfurt)

Vías fluviais[editar | editar a fonte]

  • O canal Meno-Danubio atravesa Bamberg, Erlangen, Fürth, Núremberg até Kelheim e desemboca aí no Danubio. Forma parte da vía fluvial directa que vai desde o mar do Norte até o mar Negro.

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

A Franconia Media está hirmandada coa rexión francesa do Lemosín (departamentos de Alto Vienne, Corrèze e Creuse) e un cunha provincia (voivodato) polaca, Cuiavia-Pomerania (Województwo kujawsko-pomorskie).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
  2. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  3. "Allgerman.com - Middle Franconia (Mittelfranken)". allgerman.com. 2018-10-27. 
  4. Dinastía Hohenzollern
  5. Franconia
  6. File:Wappen Deutscher Bund.svg.
  7. Pressestelle, Regierung von Mittelfranken. "Regierung von Mittelfranken". www.regierung.mittelfranken.bayern.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  8. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
  • Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
  • Ralf Nestmeyer ( 2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]