Heilbronn
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
| Rexión administrativa | Rexión de Stuttgart - Regierungsbezirk Stuttgart | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 130.093 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 99,89 km² | ||||
| Bañado por | Río Neckar | ||||
| Altitude | 157 m-160 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | San Kilian | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Harry Mergel (2014–) | ||||
| Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Alcaldes pola Paz (2007–) Alianza Climática (2011–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) Zweckverband 4IT (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 74072–74081 | ||||
| Prefixo telefónico | 7066 e 7131 | ||||
| Código NUTS | DE117 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 081210000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 08121000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Béziers (1965–) Neath Port Talbot (pt) Solothurn (1981–) Frankfurt (Oder) (1988–) Słubice (1998–) Novorossiisk (2019–2022) | ||||
| Sitio web | heilbronn.de | ||||
Heilbronn (en alemán [haɪ̯lˈbʁɔn] (AFI),
escoitar) é unha cidade ao norte de Baden-Württemberg en Alemaña con 122.567 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande do Estado.
A cidade está situada a beiras do río Neckar. Antigamente foi unha cidade libre imperial ("freie Reichsstadt") e hoxe en día é unha cidade independente e sede da rexión de Heilbronn. Tamén é o maior centro económico da rexión de Heilbronn-Franken, que inclúe o nordés de Baden-Württemberg case por completo.
Heilbronn é coñecido pola súa industria vinícola. Recibe tamén o apelativo de Käthchenstadt pola obra de Heinrich von Kleist chamada Das Käthchen von Heilbronn.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Heilbronn está situada nun val por baixo do monte Wartberg e está rodeada de numerosos viñedos. O punto máis alto é o monte Reisberg con 378 metros.
Os distintos barrios da cidade son:
- Cidade
- Böckingen
- Neckargartach
- Sontheim
- Klingenberg
- Frankenbach
- Kirchhausen
- Biberach
- Horkheim
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Béziers, Francia (1965)
Neath Port Talbot, Reino Unido (1966)
Solothurn, Suíza (1981)
Stockport, Reino Unido (1982)
Franckfurt der Oder, Alemaña (1988)
Słubice, Polonia, (1998)

