Alto Palatinado
Coordenadas: 49°18′N 12°12′L / 49.300, -12.200
Oberpfalz Regierungsbezirk de Baviera | |||
---|---|---|---|
Situación do Alto Palatinado en Baviera | |||
Localización | |||
País | Alemaña | ||
Estado | Baviera | ||
División administrativa | Alto Palatinado | ||
Xeografía | |||
Superficie | 9 691,03 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 112 102 hab. (2019)[1] | ||
Densidade | 110 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Páxina web oficial |
A Alto Palatinado (en alemán Oberpfalz) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o Estado federado alemán de Baviera.[2]
Encóntrase no leste do Estado federal, e limita ao suroeste coa Alta Baviera, ao sur coa Baixa Baviera, ao oeste cona Franconia Media e ao noroeste coa Alta Franconia. Ademais limita ao leste coa República Checa, cuxa frontera encóntrase aberta desde 2008 grazas ao Acordo de Schengen.
A súa capital administrativa é Ratisbona.
División administrativa[editar | editar a fonte]
A rexión do Alto Palatinado está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e sete distritos rurais (Landkreise):
Cidades-distrito[editar | editar a fonte]
Distritos rurais[editar | editar a fonte]
- Amberg-Sulzbach
- Cham
- Neumarkt in der Oberpfalz
- Neustadt an der Waldnaab
- Regensburg
- Schwandorf
- Tirschenreuth
Xeografía[editar | editar a fonte]
No Alto Palatinado hai algunhas cordillieras, varios esteiros e lagos. En comparación con outras rexións de Alemaña, o Alto Palatinado ten máis ben unha baixa densidade de poboación. Ss rexións máis importantes son:
- Oberpfälzer Wald
- Oberpfälzer Seenland
- Steinwald
- Waldnaab/Wondreb-Senke
- Bayerischer Wald
- Künisches Gebirge
- Naabtal
- Vilstal
- Oberpfälzer Jura
Historia[editar | editar a fonte]
Historicamente o Alto Palatinado identíficase co Nordgau de Baviera, que era unha parte do vello ducado de Baviera. O nome está directamente ligado ao Palatino (en latín Palatium, en alemán Pfalz), e ao derivado Kurpfalz.
Desde a morte de Luís II, duque de Baviera en 1294, a casa de Wittelsbach dividiuse en dúas ramas, a maior Palatium e a máis nova Baviera. A rama do Palatium gobernaba unha parte do territorio da Baviera do Norte, que máis tarde pasou a chamarse Alto Palatinado en Baviera.
O Baixo Palatinado (Niederpfalz) ou Palatinado Renano (Rheinpfalz) forma parte do Land alemán de Renania-Palatinado e non tene contacto físico co anterior. Ambos os dous constitúen a rexión histórica denominada Palatinado.
Poboación[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación do Alto Palatinado[editar | editar a fonte]
1939 | 694 742 |
1950 | 906 822 |
1961 | 898 580 |
1970 | 963 833 |
1987 | 969 868 |
2002 | 1 088 929 |
2019 | 1 112 102 |
Transporte[editar | editar a fonte]
Ferrocarril[editar | editar a fonte]
A rexión do Alto Palatinado está atravesada polas seguintes liñas ferroviarias:
- Ratisbona - Schwandorf - Weiden - Marktredwitz - Hof
- Weiden - Bayreuth
- Núremberg – Neukirchen - Weiden
- Núremberg–Ratisbona- Neumarkt in der Oberpfalz - Ratisbona
- Ratisbona - Straubing - Passau
- Schwandorf - Amberg - Núremberg
- Schwandorf - Cham - Furth im Wald
- Cham - Bad Kötzting - Lam
- Donautalbahn - Ratisbona – Ingolstadt
Autoestradas[editar | editar a fonte]
- A 3
- A 6
- A 93
Aeroportos[editar | editar a fonte]
Os aeroportos máis achegados son:
- Aeroporto de Núremberg
- Aeroporto de Hof
- Aeroporto de Múnic
- Aeroporto de Linz, en Austria
Economía e comercio[editar | editar a fonte]
A economía do Alto Palatinado sufriu un gran cambio na década de 1994-2004. A taxa de desemprego, tanto no sector primario (agricultura e acuicultura) como na industria, aumentou considerabelmente. Porén, a taxa de emprego no sector de servizos aumentou nun 18,8 %. Hoxe en día a economía rexurdiu e a taxa de desemprego estabilizaouse nun 4,6 %. Segúndo o seu PIB (119,3), o Alto Palatinado pertence ás rexións más ricas da Unión Europea (EU27: 100, Alemaña: 115,8) (ano 2004).
O comercio na rexión distribúese máis ca nada nas PEMEs, moitas delas pertencen ás líderes da súa rama. O turismo tamén ten un papel destacado na rexión. A pesar de que a agricultura foi moi importante nos anos anteriores, hoxe en día ten unha importancia menor.
O sector industrial concéntrase sobre todo na "Gran Ratisbona":
- BMW
- Krones AG
- Infineon
- Continental
Ratisbona é tamén a 5ª cidade na produción de Biotecnoloxía de Alemaña.
O distrito rural de Schwandorf recada a maior cantidade de impostos na rexión. Alí hai máis de 300 empresas industriais que empregan a máis de 16 000 persoas:
- Meiller direct GmbH
- Benteler Automobiltechnik GmbH
- Nabaltec AG en Schwandorf
- Innovationspark Wackersdorf (BMW)
- Läpple AG, cuya fábrica se encuentra en Teublitz
- F.EE GmbH in Neunburg v.W.
- Heidelberg Cement AG en Burglengenfeld
Política[editar | editar a fonte]
Desde 1999 Rupert Schmid (CSU) é o Presidente do Alto Palatinado. Seus vicepresidentes son Ludwig Spreitzer (CSU) e Norbert Hartl (SPD).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
- ↑ Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. ISBN 978-1-3492-2767-9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oberpfalz |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bedeutende Oberpfälzer von Sigfried Färber, Verlag Pustet 1981 ISBN 3-7917-0723-X.
- Ursula Pfistermeister: Himmlische Ansichten. Oberpfalz im Luftbild, Buch & Kundstverlag Oberpfalz, ISBN 3-924350-69-8