Lois I de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lois I de Baviera
Rei de Baviera
Retrato por Joseph Karl Stieler (1781–1858)

Reinado13 de outubro de 1825
20 de marzo de 1848
Nome completoLudwig von Wittelsbach
Nacemento25 de agosto de 1786
Estrasburgo, Francia
Falecemento29 de febreiro de 1868
Niza, Segundo Imperio Francés
SepulturaAbadía de San Bonifacio (Múnic)
PredecesorMaximiliano I
SucesorMaximiliano II
ConsorteTeresa de Saxonia-Hildburghausen
Casa realCasa de Wittelsbach
ProxenitoresMaximiliano I de Baviera
Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt

Escudo de Lois I de Baviera
Escudo de armas de Lois I de Baviera
Na rede
WikiTree: Wittelsbach-151 Find a Grave: 22704613 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Lois I de Baviera fronte á universidade dedicada a el en Múnic.

Lois I de Baviera (en alemán Ludwig I. von Bayern), nado en Estrasburgo o 25 de agosto de 1786 e finado en Niza o 29 de febreiro de 1868, foi rei de Baviera de 1825 a 1848 ao suceder ao seu pai, o rei Maximiliano I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lois era o fillo primoxénito de Maximiliano I de Baviera e da súa primeira esposa, a princesa Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt. Durante a súa xuventude adquiriu o gusto polas artes, efectuando numerosas viaxes a Italia. Tomou parte nas Guerras Napoleónicas, inicialmente coas tropas de Napoleón Bonaparte, para logo cambiar de bando en 1813.

En 1810 casou coa princesa Teresa de Saxonia-Hildburghausen, á que lle sería repetidamente infiel.

Con motivo das celebracións nupciais, realizáronse festas populares que son consideradas como a orixe da Oktoberfest, a Festa da Cervexa de Múnic.

Tras a morte de seu padre en 1825, Lois accedeu ao trono. En 1833 favoreceu a formación da Unión Aduaneira de Alemaña. Adoptou unha política constitucional moderada durante os primeiros anos do seu reinado, pero máis tarde gobernou como un monarca absoluto en resposta ao espírito revolucionario que triunfaba en Europa.

Os políticos católicos dominaron a vida do país na última década do seu mandato, pero non conseguiron que desterrara á súa amante, a bailarina irlandesa Lola Montez.

Abdicou en favor de seu fillo Maximiliano II de Baviera durante a Revolución de 1848, que se estendeu desde Francia a outras partes de Europa. Posteriormente trasladouse a Francia, onde pasou case todo o resto da súa vida, morrendo en Niza en 1868.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Lois I contraeu matrimonio en Múnic o 12 de outubro de 1810,ref>Ficha xenealóxica de Lois I de Baviera.</ref> coa princesa Teresa de Saxonia-Altenburgo.

A parella tivo en total nove fillos:


Predecesor:
Maximilano I
Rei de Baviera
1825-1848
Escudo do Reino de Baviera.
Sucesor:
Maximiliano II

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]