Palatinado renano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPalatinado renano
Imaxe
(2013)

Nomeado en referencia aOuteiro Palatino e kaiserpfalz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 49°30′00″N 8°01′00″L / 49.5, 8.016669Coordenadas: 49°30′00″N 8°01′00″L / 49.5, 8.016669
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg Editar o valor em Wikidata

O Palatinado Renano (en alemán Rheinpfalz[1], ás veces chamado "Baixo Palatinado" ou Niederpfalz, en contraposición co "Alto Palatinado" ou Oberpfalz) era unha área xeográfica que abarcaba historicamente todo o territorio ao oeste do río Rin.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome de Palatinado procede de Conde Palatino, un cargo do Sacro Imperio Romano Xermánico que tiña ao seu cargo varios castelos onde o Emperador do Sacro Imperio aloxábase nas súas viaxes.

O Baixo Palatinado foi gobernado polos condes da dinastía Wittelsbach desde 1214 até 1803, cando foi repartido entre o Electorado de Baviera e o Electorado de Baden.

Esta zona foi devastada durante a Guerra dos Trinta Anos, e pola invasión Francesa en 1689.

En 1815 gran parte do Baixo Palatinado foi anexionado a Prusia, formando parte da provincia Gran Ducado do Baixo Rin.

O Alto Palatinado e o Baixo Palatinado[editar | editar a fonte]

O Alto Palatinado, de maior tamaño, está situado en Baviera, a 300 km do anterior, ao norte do río Danubio, e é un distrito do Land de Baviera, sen ter contacto co anterior. Nel están as cidades de Ratisbona e Amberg (capital administrativa da Franconia Media).

O Baixo Palatinado na actualidade forma parte, desde 1946, do Land alemán de Renania-Palatinado e nel encóntranse as cidades de Ludwigshafen, Kaiserslautern, Neustadt an der Weinstraße, Pirmasens, Rodalben, Zweibrücken, Landau in der Pfalz e Espira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rhenish Palatinate - Encyclopedia Volume - Catholic Encyclopedia - Catholic Online". Catholic Online. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]