Alta Franconia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlta Franconia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°57′00″N 11°35′00″L / 49.95, 11.583333333333Coordenadas: 49°57′00″N 11°35′00″L / 49.95, 11.583333333333
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor em Wikidata
CapitalBayreuth Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.062.398 (2016) Editar o valor em Wikidata (146,94 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.230,19 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude368 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSchneeberg (en) Traducir (1.051 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoHeidrun Piwernetz (en) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Código NUTSDE24 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña094 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbezirk-oberfranken.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: bezirkofr Instagram: bezirkoberfranken Youtube: UC1eQRsMK9Eh_serWaHLAiAA Editar o valor em Wikidata

A Alta Franconia (en alemán Oberfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

A súa capital administrativa é a cidade de Bayreuth.[2]

Foi parte da rexión histórica de Franconia, xunto coa Franconia Media e a Baixa Franconia, todas elas hoxe partes do Land de Baviera.

Con máis de 200 cervexeiras independentes que elaboran aproximadamente 1 000 tipos diferentes de cervexa, a Alta Franconia ten a densidade de cervecexeiras per cápita máis alta do mundo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión administrativa da Alta Franconia limita con Turinxia (Thüringen) ao norte, coa Baixa Franconia (Unterfranken) ao oeste, coa Franconia Media (Mittelfranken) ao suroeste, co Alto Palatinado (Oberpfalz) ao sueste, con Saxonia (Sachsen) ao nordeste e coa República Checa ao leste.

División administrativa[editar | editar a fonte]

A rexión da Alta Franconia está composta por catro cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e nove distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distrito[editar | editar a fonte]

  1. Bamberg
  2. Bayreuth
  3. Coburg
  4. Hof

Distritos rurais[editar | editar a fonte]

  1. Bamberg
  2. Bayreuth
  3. Coburg
  4. Forchheim
  5. Hof
  6. Kronach
  7. Kulmbach
  8. Wunsiedel

Evolución histórica da poboación[editar | editar a fonte]

Ano Poboación
1900 608 116
1910 661 862
1939 790 151
1950 1 088 721
1961 1 056 087
1970 1 079 131
1987 1 036 576
2002 1 112 655
2005 1 101 390
2006 1 094 525
2008 1 085 770
2010 1 071 984
2015 1 059 358
2019 1 065 371

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), chsamados Kreise (singular Kreis) en Baviera. Estas foron creados segundo o modelo dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Mainkreis cambiou a Alta Franconia.

Principais lugares de interese[editar | editar a fonte]

Xunto á antiga cidade e sede episcopal de Bamberg, están a capital Bayreuth, a antiga cidade de Coburg e o centro do clasicismo de Hof, así como as cidades de Lichtenfels, Kronach, Gößweinstein e Kulmbach, o Palacio Weißenstein, a Abadía de Banz e a Basílica dos catorce axudantes santos, as atraccións escénicas do río Main e as cadeas montañosas baixas das montañas Fichtel coa cidade de Wunsiedel e o bosque de Franconia, son as principais atraccións turísticas. Tamén hai numerosos balnearios, como Bad Rodach, Bad Steben, Bad Staffelstein, Bad Berneck e Bad Alexandersbad.

Economía[editar | editar a fonte]

O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 40 600 millóns de euros en 2018, o que representa o 1,2 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 34 000 €, o 116 % da media da Unión Europea no mesmo ano. O PIB por empregado foi o 96 % da media da UE.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  2. Páxina web oficial de Bayreuth.
  3. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
  • Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
  • Ralf Nestmeyer (2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]