Cuiavia-Pomerania
![]() |
![]() | ||||||||||||||||||
Escudo | Bandeira | ||||||||||||||||||
Sede do voivodato Sede do sejmik |
![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Voivoda | Rafał Bruski | ||||||||||||||||||
Mariscal | Piotr Całbecki | ||||||||||||||||||
Área | 17 971,68 km² | ||||||||||||||||||
Poboación | 2 066 136 (31 de decembro de 2007) | ||||||||||||||||||
Densidade | 115,0 hab/km² | ||||||||||||||||||
Urbanización | 61,1% | ||||||||||||||||||
Matrícula de automóbiles | C
| ||||||||||||||||||
TERYT:04 | COD ISO: PL-KP
| ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Páxina oficial da sede do voivodato
ul. Jagiellońska 3 | |||||||||||||||||||
Páxina oficial do voivodato de Cuiavia-Pomerania |
O voivodato de Cuiavia-Pomerania (en polaco: województwo kujawsko-pomorskie) é un dos 16 voivodatos (provincias) da actual división administrativa de Polonia. Está situada no centro-norte do país, na fronteira entre as dúas rexións históricas que compoñen o seu nome: Cuiavia (en polaco: Kujawy) e Pomerania (en polaco: Pomorze). Por ela pasa o río máis longo de Polonia, o Vístula.
A voivodia ten unha superficie aproximada de 18.000 quilómetros cadrados e conta con pouco máis de dois millóns de habitantes (en 2007). Posúe dúas capitais - Bydgoszcz (sede do gabinete do gobernador) e Toruń (sede da administración local). As principais cidades da rexión son Bydgoszcz (361.222 habitantes), Toruń (206.619), Włocławek (118.432), Grudziądz (99.090) e Inowrocław (77.095). O 61,4% da poboación vive en zonas urbanas.
A voivodia ten un alto nivel industrial, de agricultura e unha desenvolvida rede de comunicación terrestre, ferroviaria e de navegación.
Historia e administración[editar | editar a fonte]
O voivodato de Cuiavia-Pomerania foi creado o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos ex-voivodatos de Bydgoszcz, Toruń e Włocławek, nos termos da Lei de Reorganización do Goberno Local de 1998.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Rexións xeográficas: Chelminskie, Dobrzynskie, Gnieznienskie, Krajenskie
Ríos principais: Vístula e os seus afluentes: Drwęca, Brda, Wda, Río Varta e Noteć
Lagos: Włocławek, Koronowo e Gopło
Localización[editar | editar a fonte]
O voivodato de Cuiavia-Pomerania fai fronteira con outros cinco voivodatos. Pomerania ao norte, Varmia-Masuria ao nordeste, Masovia ao leste, Łódź a través dunha curta fronteira ao sur, e Gran Polonia ao sur e oeste.
Cidades e concellos[editar | editar a fonte]
O voivodato contén 52 cidades e concellos. Eles están listados abaixo en orde decrecente de número poboacional (segundo datos oficiais para 2006 [1]):
1. Bydgoszcz (364,953) |
19. Aleksandrów Kujawski (12,359) |
37. Mrocza (4,203) |
División administrativa[editar | editar a fonte]
O voivodato de Cuiavia-Pomerania está dividido en 23 condados (powiaty): 4 condados urbanos e 19 condados rurais. Estes, á vez, están divididos en 144 gminy.
Os condados están listados na táboa seguinte (ordenados dentro das categorías por número de poboación decrecente).