Saltar ao contido

Filosofía medieval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

Denomínase filosofía medieval á filosofía dada en Europa e o Oriente Medio durante o período coñecido como Idade Media, período que se estende desde a caída do Imperio Romano de Occidente no século V até a caída do Imperio Romano de Oriente en 1453.

Os problemas fundamentais discutidos durante este período foron a relación entre a fe e a razón, a natureza e a existencia de Deus, os límites do coñecemento e a liberdade no home, a natureza dos universais e a individuación das substancias divisibles e indivisibles.

Delimitación histórica e temática

[editar | editar a fonte]

Desde un punto de vista histórico, a Idade Media esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até a caída do imperio bizantino, pero temáticamente, segundo autores como Gilson, a filosofía medieval iníciase no século II co diálogo entre a filosofía helenística e as grandes relixións monoteístas. Por isto algúns autores sosteñen que a filosofía antiga perde a súa antiga autonomía e devén ancilla Theologiae, vale dicir, pasa a estar subordinada ou cunha actitude servil con respecto á especulación relixiosa.

Etapas e representantes

[editar | editar a fonte]

A patrística é a fase na historia da organización e a teoloxía cristiá que abarca desde o fin do cristianismo primitivo, coa consolidación do canon neotestamentario, até ao redor do século VIII. Ademais da elucidación progresiva do dogma cristián, a patrística ocupouse sobre todo da apoloxía ou defensa do cristianismo fronte ás relixións pagás primeiro e as sucesivas interpretacións heterodoxas que logo darían lugar ás herexías.

O cristianismo é difundido masivamente polos profetas, tomando forza entre a poboación e desprazando ás relixións politeístas.

O seu nome deriva dos pais da Igrexa, os teólogos cuxa interpretación dominaría a historia do dogma. A influencia apoloxética debeuse entre outras cousas ao ataque hostil, e por penetrar nos datos da revelación, ou de formarse unha imaxe totalizadora do mundo e da vida humana á luz da fe. O progreso do implícito ao explícito foi un progreso na ciencia teolóxica; no proceso de argumentación e definición empregáronse conceptos e categorías tomadas da filosofía. A filosofía imperante era o platonismo, neoplatonismo (con toque estoico).

Os escritores cristiáns non fixeron distinción entre filosofía e teoloxía. Estes mostraron unha diverxencia de actitude ante a filosofía clásica: como inimiga ou como utilidade.

As sete artes liberais, segundo unha ilustración do século XII.

Tránsito ao mundo cristián

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]