Muniferral, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muniferral
Igrexa de San Cristovo de Muniferral.
ConcelloAranga[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°14′21″N 8°03′07″O / 43.2391, -8.0519Coordenadas: 43°14′21″N 8°03′07″O / 43.2391, -8.0519
Área13,74 km²
Poboación271 hab. (2018)
Densidade19,72 hab./km²
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Muniferral é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (143 homes e 128 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]

Muniferral no Catastro de Ensenada (1752).
Muniferral no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1848).[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Muniferral ten unha superficie de 13,74 km²[4] e 23 núcleos de poboación.[5]

Situación[editar | editar a fonte]

Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.

Limita ó norte coa parroquia de Verís (do concello de Irixoa), ó leste coa de Aranga, ó sur coa de Vilarraso, ó suroeste coa de Fervenzas e ó oeste coa de Feás.

Noroeste: Feás Norte: Verís (Irixoa) Nordeste: Aranga
Oeste: Feás Rosa dos Ventos Leste: Aranga
Suroeste: Fervenzas Sur: Vilarraso Sueste: Vilarraso e Aranga

Historia[editar | editar a fonte]

Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, os lugares da Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo[6]), Solmé, Vilarraso e Vilourís pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.[7]

Demografía[editar | editar a fonte]

No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 34 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece (xunto con Feás)[8] con 61 veciños, dos cales 59 son pecheros.[9] No Censo do Sal de 1631 aparece o couto de Muniferral con 60 veciños.[10]

Século XVIII[editar | editar a fonte]

1752[11] 1768[12] 1787[13]
Veciños Habitantes
120 598 383

Século XIX[editar | editar a fonte]

1816/17[14] 1826[15] 1836[16] 1845[3] 1857[17] 1860[18] 1887[6] 1900[19]
Veciños 117 156 70 162 173 161
Habitantes 784 286 740 825 857 554[a] 572

     Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX[editar | editar a fonte]

1910[19] 1920[19] 1930[19] 1940[19] 1950[19] 1960[19] 1970[19] 1981[19] 1986[20] 1991[19] 1999[21] 2000[22]
Habitantes 524 571 596 569 602 490 451 432 440 410 389 389

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI[editar | editar a fonte]

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
385 366 339 328 328 326 323 315 301 304
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
299 293 289 289 291 291 271
Fonte: IGE (padrón municipal)[23]
Gráfica de evolución demográfica de Muniferral entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Muniferral na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.[24]
  • Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás.[25]
  • No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas.[24]
  • Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.[25]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Muniferral[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Muniferral no concello coruñés de Aranga

Benade | O Canedo | Castelos | Castromil | Cerdelo | A Costa | Curra | A Falgarosa | A Figueira | As Fontelas | Montesalgueiro | As Nogueiras | Orracas | Pardiñas de Abaixo | Pardiñas de Arriba | A Posta | O Regueiral | Sisalde | A Sudreira | A Taberna | A Vila | Vilela | Vilidón

Parroquias de Aranga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En 1867 varios lugares de Muniferral pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.
Referencias
  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Arciprestado de Xanrozo". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 8.12.2018. 
  3. 3,0 3,1 Madoz, Pascual (1848). Muniferral (San Cristobal de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XI (Madrid). p. 688. 
  4. Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
  5. "Nomenclátor de Galicia: Muniferral (San Cristovo)". Xunta de Galicia. Consultado o 8.12.2018. 
  6. 6,0 6,1 "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 12. 
  7. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  8. Censo de poblacion de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI (en castelán). Madrid. 1829. p. 35. 
  9. Censo de Pecheros. Carlos I 1528 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2008. pp. 148 e 160. 
  10. Censo de la Sal de 1631 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2015. p. 265. 
  11. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 156. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  12. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 265. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  13. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3876. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  14. Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 40. ISBN 84-505-9464-2. 
  15. Miñano, Sebastián (1827). Muniferral (San Cristobal de) y Cerdelo. Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) VI (Madrid). p. 182. 
  16. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  17. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 250. 
  18. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 30–31. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  20. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 25. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  21. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  22. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  23. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  24. 24,0 24,1 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. pp. 103, 105. ISBN 978-84-9812-210-7. 
  25. 25,0 25,1 "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]