San Vicente de Fervenzas, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′41″N 08°04′39″O / 43.21139, -8.07750

San Vicente de Fervenzas
Cuxas na estrada, A Torre Lavandeira, San Vicente de Fervenzas, Aranga.jpg
Concello Aranga
Poboación 247 hab. (2013)
Entidades de poboación 24

San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 247 habitantes (133 mulleres e 114 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Debe o seu nome as fervenzas que se forman o longo do río de Vexo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Existen tres castros recoñecidos, O Valló, Casarellos, e o mais importante o das Cotorras, onde hai un pequeno petróglifo. Atopáronse numerosos obxectos prehistóricos e unha ara romana na igrexa de San Vicente. Escritos antigos sitúan na parroquia un castelo no século XII, non hai restos.

Nesta parroquia, a carón da N-VI, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Vicente de Fervenzas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Vicente de Fervenzas no concello coruñés de Aranga

A Aldea de Arriba | Atá | Boqueixón | A Carballeira | Os Casarellos | O Fervencedo | Fongarandón | A Fonte Vella | A Igrexa | O Mato | Mende | Milreu | Muros | O Painzal | Os Paraños | Penas do Porto | Portoscalvos | Río de Bexo | Silvarredonda | O Sisto | A Torre Lavandeira | A Tragallía | Vallo | O Valló

Parroquias de Aranga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]