Xosé Luís Couceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Luís Couceiro Pérez»)
Infotaula de personaXosé Luís Couceiro
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Feás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 48041

Xosé Luís Couceiro Pérez, nado en Feás (Aranga) o 2 de marzo de 1942, é un filólogo e profesor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panel sobre Carballo Calero e a 1ª promo. de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC.

Licenciouse en Letras nas universidades de Navarra e USC, na que presentou a súa tese de doutoramento sobre a fala da súa terra, Feás (Anexo 15 de Verba).[2]

Foi profesor titular de universidade ata a súa xubilación no Departamento de Filoloxía Galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.[3] Dirixiu numerosas teses de doutoramento, entre elas as dos escritores Román Raña (1992: "Lanza de soledá" na poesía galega de posguerra), Manuel Forcadela (1992: A poesía de Eduardo Pondal) e Xosé Ramón Pena (1994: Literaturaturas galegas de vangarda). As súas investigacións centráronse na literatura galega medieval.

Membro do ILG[4] desde 1971, colaborou na edición de Galego I, Galego II e Galego III.

Colaborador de Verba. Anuario Galego de Filoloxía: 1974 ("Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)"), 1993 ("Manuel Taboada Cid"), 1997 ("As vocáis 'e', 'o' en rima na obra de Curros"). Tamén de Estudios Románicos: 2007-2008 ("Chiare fresche e dolci acque" e a literatura galega).

En 2009 o Departamento de Filoloxía Galega publicou A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luis Couceiro, colectánea sobre el.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

  • Homenaxe ao profesor Camilo Flores (1999). Coord. con Teresa García-Sabell Tormo, Manuel Míguez Ben, Emilio Montero Cartelle, Manuel Enrique Vázquez Buján, José María Viña Liste. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-789-1.
  • Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero (1999). coord. por Rosario Álvarez Blanco, Dolores Vilavedra Fernández, Vol. 1, ISBN 84-8121-806-5, páxs. 595-627. "Correccións á edición da General Estoria de Ramón Martínez López", con Ramón Lorenzo Vázquez.
  • As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo (2005). Con Ana Isabel Boullón Agrelo / Francisco Fernández Rei. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
  • Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina (2008). M. Brea / F. Fernández Rei / X.L. Regueira (eds.), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 463-474 - Capítulo: "Máis datos para Moogo e Meogo"
  • Estudios Románicos (2008): 16-17, 361-367 - Artigo: «Chiare fresche e dolci acque» e a literatura galega".
  • Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro (2013). Rosario Álvarez / Ana Maria Martins / Henrique Monteagudo / Maria Ana Ramos (eds.), Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 125-143 - Capítulo: "De santo Acisclo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ledo Cabido, Bieito (ed) (1999). Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo. ISBN 84-7680-294-3. 
  2. "A mi dizen quantos amigos ey". Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Consultado o 2021-05-02. 
  3. "Horario del profesor - Facultad de Filología - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-05-02. 
  4. editor.raquel.vila (2013-06-11). "Xosé Luís Couceiro Pérez". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 2021-05-02. 
  5. Corral Díaz, Esther; Fontoira Surís, Lydia; Moscoso Mato, Eduardo (2009). A mi dizen quantos amigos ey: Homenaxe ao profesor Xosé Luis Couceiro. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. p. 569. ISBN 9788498871180.