Marcos o Evanxelista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcos o Evanxelista
Grandes Heures Anne de Bretagne Saint Marc.jpg
Nacementovalor descoñecido
 Palestina
Falecemento25 de abril de 68
 Alexandría
SoterradoBasílica de San Marcos
Relixióncristianismo
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]
Marcos o Evanxelista.

San Marcos o Evanxelista (século I) vén sendo considerado tradicionalmente o autor do Evanxeo de Marcos. Represéntase acompañado cun león, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, "A voz que clama no deserto": dita voz sería como a do león.

Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos". Este personaxe aparece varias veces nos Feitos dos Apóstolos. Cítaselle por primeira vez en Feitos 12:12, cando Pedro, milagrosamente liberado do cárcere, refúxiase en casa de María, nai de Xoán, por alcume Marcos.

9 Pedro saíu e seguiuno, sen se dar conta que era realidade o que se facía por medio do anxo, pois coidaba que era unha visión. 10 Atravesaron a primeira garda e logo a segunda, e chegaron á porta de ferro que daba á cidade e abriuse ela soa. E ó saíren á rúa, logo o deixou o anxo. 11 Entón Pedro, volvendo en si, dixo: "agora realmente vexo que o Señor mandou o seu anxo, para me librar das mans de Herodes e de todo o que esperaba o pobo xudeu". 12 E xa con todo o acordo, dirixiuse á casa de María, a nai do Xoán, chamado Marcos, onde había moita xente reunida rezando

Acompañou a Paulo de Tarso e a Bernabé na primeira viaxe de Paulo (Feitos 13:5), pero separou deles cando chegaron a Panfilia, regresando a Xerusalén (Feitos 13:13). Cando Paulo ía iniciar a súa segunda viaxe, tivo unha grave disputa con Bernabé á mantenta de Xoán, chamado Marcos: Bernabé quería que fose con eles, pero Paulo negábase, xa que os abandonara na viaxe anterior. Paulo e Bernabé terminaron por separarse, e Marcos acompañou o segundo na súa viaxe a Chipre (Feitos 15:37-39).

Non está claro se este personaxe, "Xoán, tamén chamado Marcos" é o mesmo ao que se fai referencia nalgunhas epístolas atribuídas a Paulo, concretamente en Timoteo 4:11, Colosenses 4:10, Filemón 1:24 e na Primeira Epístola de Pedro (1Pedro 5:13). En Colosenses e Filemón di del que é curmán, ou sobriño, de Bernabé, o que podería explicar que este discutise con Paulo acerca de Marcos.

Tampouco está claro que todas as mencións neotestamentarias fagan referencia ao mesmo personaxe, aínda que si parece o máis probable.

Para a Igrexa Copta e para a Igrexa Ortodoxa, Marcos foi o primeiro papa de Alexandría.