Galicia no Tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia no Tempo foi unha exposición realizada en 1991 sobre a arte galega en San Martiño Pinario[1]. Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Generalitat de Catalunya cun orzamento de 600 millóns de pesetas, e con Xosé Manuel García Iglesias como comisario, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.

A exposición derivou tamén nunha serie de televisión presentada por Eva Veiga e dirixida por Miguel Piñeiro[2], a primeira documental da CRTVG[3], e nun disco homónimo de música ambiental interpretado polo grupo Milladoiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en El País.
  2. Datos da serie na Internet Movie Data Base.
  3. Primeiros quince minutos visualizables na web da CRTVG.